O BNG pide ao
PSOE e a Converxencia Galega, un esforzo para favorecer un goberno estable en
Oia
BNG / Oia
Logo de intentar
impulsar un acordo entre os dous grupos, os nacionalistas insistimos na
necesidade de que o PSOE e Converxencia Galega fagan un esforzo
para favorecer un goberno de coalición
que garanta unha lexislatura estable e permita o cambio que pediron os veciños nas urnas o pasado 24 de maio logo de doce anos de paralización baixo
o mandato do popular Alejandro Rodríguez.
Os resultados dos
comicios locais deixaron en Oia a porta aberta a un cambio de goberno ao perder
o PP a maioría absoluta que lles permitiu gobernar as últimas tres
lexislaturas. Malia os primeiros contactos entre os partidos da oposición, o
PSOE e Converxencia Galega racharon as negociacións ao non chegar a un acordo. O
BNG tivo contacto con ambos os dous partidos para favorecer un posible pacto
pero ningunha das formacións cedeu nos seus plantexamentos o que provocou que o
PSOE estea a gobernar o concello de Oia en solitario e con só tres edís.
Unha situación
que o BNG considera insostible por non garantir un futuro estable e de progreso
para Oia como esixiron os veciños do municipio que o 24 de maio apostaron por
un cambio de rumbo no goberno municipal que sacase ao concello do inmobilismo.
Os nacionalistas consideramos que a falta dunha maioría suficiente no goberno
podería provocar a paralización a curto
prazo da xestión do concello e de cuestións de primeira necesidade para os
veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario