27 de xul. de 2015

TOMIÑO

A Policía Local de Tomiño aumenta o parque móbil de vehículos coa adquisición dun Citroën C4 cactus


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño recibiu na tarde de onte un novo vehículo municipal que ampliará o parque móbil da policía local. 

 Trátase dun Citroën C4 Cactus e que mellorará a labor do corpo da policía local. O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, foi o encargado de recoller o vehículo nas instalacións da Xunta de Galicia en Pontevedra. O Concelleiro estivo acompañado por cos membros da policía local que se encargaron do seu traslado. 

 O Concello de Tomiño viuse beneficiado dunha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia pola cal se cede en propiedade o turismo ao Concello de Tomiño para a utilización por parte do persoal do Corpo da Policía Local. 

 O Concello de Tomiño, ademáis, está pendente da entrega dunha moto para o mesmo corpo de seguridade e doutro vehículo para a agrupación de voluntarios de Protección Civil. 

 O Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, mostrou a súa satisfacción por iniciar a súa labor no concello “mellorando o servizo dun corpo tan importante como a policía local e que repercutirá en beneficio dos veciños (...)”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario