CUARTA ENTREGA DAS TERTULIAS DE “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN” DA MAN DO PROFESOR XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ
Esta nova charla será celebrada, como vén sendo habitual, no espazo exterior dentro do vello colexio dos xesuítas, na Pasaxe (Camposancos)
Vista parcial do vello colexio dos xesuitas no barrio da Pasaxe (Camposancos)
Foto: Infogauda
Infogauda / Camposancos
O Concello de A Guarda continúa ofrecendo gran variedade de
actividades e opcións para que os veciños da localidade, e tamén os
visitantes, se entreteñan e se divirtan nestes días de verán.
O vindeiro xoves, día 30 de xullo, terá lugar a cuarta entrega das
tertulias enmarcadas dentro do ciclo “Diálogos en Educación”. O encargado de
conducir esta nova charla, que leva por título “Mestras e mestres republicanos:
o compromiso coa modernidade educativa” será o Profesor da Universidade de
Vigo, Xosé Manuel Cid Fernández.
Esta nova charla será celebrada, como vén sendo habitual,
no espazo exterior dentro do vello colexio dos xesuítas, na Pasaxe (Camposancos). Atendendo a
que os días xa van sendo cada vez máis curtos, ó igual que na entrega anterior,
a tertulia comezará ás 20:00 horas.
Esta actividade, de carácter divulgativo, está concibida
coma un coloquio informal, aberta a todo o público, malia que o tema a debater
sexa de carácter educativo.
A seguinte cita será o día 20 de agosto, e nela o debate
xirará entorno o tema “Luces e sombras na política educativa galega dende a
Transición Democrática”, e correrá a cargo do catedrático da Universidade de
Santiago, Antón Costa Rico.
As seguintes datas serán o 27 de agosto e o 3 e 10 de
setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario