O MUSEO DO MAR DA GUARDA LUCE O NOVO ACUARIO CON
CAPACIDADE DE 800 LITROS
Acuario mariño no Museo do Mar de A Guarda
Foto. C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Museo do Mar do Concello de A Guarda, ubicado na réplica da fortaleza da Atalaia, preto do contradique do porto pesqueiro, xa luce o novo
acuario con capacidade para 800 litros de auga.
Este acuario, que ten o dobre de volume có anterior que
contaba con 375 litros, reproduce un espazo mariño litoral como o que se pode
encontrar na costa de A Guarda. Así, as especies que conviven nel, son as que
tamén están presentas nas augas que bañan esta localidade. De esta maneira hai
muxarras, serráns, bretas ou fanecas, ademáis de ourizos de mar, caramuxos e
diferentes anémonas de mar.
Co paso do tempo o concello espera poder incluír cada vez
máis especies e incluso engadir peixes de area, xa que todos os que conviven
ata o momento son especies de pedra.
Outra das novidades que presenta este acuario é que ten
iluminación led, que fai que os visitantes poidan distinguir moito mellor os
animais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario