A ASOCIACIÓN SAN XEROME PARTICIPA NUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN XENÉTICA PARA COÑECER AS CAUSAS DA DISCAPACIDADE
O proxecto consiste na realización dun análise xenético a través dun exoma. O custe supera os 2.300,00 € por familia que serán asumidos na súa totalidade polo proxecto
A Asociación San Xerome Emiliani participará no proxecto
de xenética da discapacidade intelectual que será coordinado por Ángel
Carracedo Álvarez (catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de
Santiago de Compostela. Director da
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica – Sergas).
"O obxectivo deste proxecto é
determinar as causas da discapacidade intelectual naqueles casos onde non
existe un diagnóstico claro", adiantou Feliciano Valcárcel, xerente do Centro San Xerome.
Valcárcel dixo tamén que "a poboación obxecto de estudo son
aquelas persoas con discapacidade intelectual sen un diagnóstico, con nai e
pai.
A tódalas
familias que participan se lles dará unha explicación e asesoramento dos
resultados obtidos no test de xenética.
O proxecto
consiste na realización dun análise xenético a través dun exoma. O custe supera
os 2.300,00 € por familia que serán asumidos na súa totalidade polo proxecto".
Dende a
Asociación San Xerome Emiliani participarán neste estudo 19 familias do servizo de Centro de Día, Ocupacional e Educación, que son a totalidade
das que cumplen os requisitos esixidos no proxecto.
"O equipo
multiprofesional do Centro San Xerome considera moi importante coñecer qué
alteracións do genoma teñen que ver coa discapacidade intelectual, ou cales de
elas non teñen que ver con un xen alterado. No futuro se farán valoracións mais
moleculares e non tan centradas no análisis conductual. Este tipo de estudios
aumenta posibilidades nos modelos de intervención con persoas con discapacidade,
orientando os profesionais que áreas sería interesante estimular mais
precozmente ou pensar en potenciais terapias que surden cada día", afirmou Feliciano Valcárcel.
"E unha oportunidade - dixo Valcárcel - de coñecer mais sobre discapacidade intelectual, para
poder asesorar mellor as nosas familias e realizar intervencións mais axustadas
as necesidades e potencialidades dos nosos usuarios".
Ningún comentario:
Publicar un comentario