ESTA FIN DE SEMANA INAUGÚRANSE NA VILA, DÚAS EXPOSICIÓNS DE PINTURA
Os espazos escollidos para estas mostras son a sala de exposicións
do Centro Cultural e Social de A Guarda e a Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A primeira inauguración será este venres día 31 de xullo,
ás 21 horas, no Centro Cultural. Este será o momento no que a artista guardesa
María Sobrino, presentará as súas novas obras baixo o título “A solas con mis
pinceles”.
Como novidade este ano a artista presentará cadros representativos
de sereas e tamén algunha figura. Ademais mostrará bodegóns, flores, motivos
mariños ou minifundios, todos eles creados ó óleo.
A primeira exposición de Sobrino foi no ano 1991, debido
o seu éxito -vendeu todas as pezas excepto unha que non quixo- a pintora
recorreu Galicia, Zamora, Suiza e tamén New York mostrando as súas pinturas.
Esta mostra estará ata o luns día 10 de agosto, en
horario de 10 a 12 horas e de 21 a 23 horas. A entrada é totalmente libre ó
público.
A exposición “10 años, 100 retratos” da artista Gemma
Marqués, se inaugurará o sábado, a partir das 20 horas, na Casa dos Alonso. Esta
é unha mostra conmemorativa dos dez anos de traxectoria que leva esta pintora,
polo que haberá obras de toda a súa andaina artísitica. Tal e como conta a propia Gemma
Marqués, a maioría dos cadros son retratos ó óleo cedidos, moitos deles, por
clientes para esta exposición. Aínda así, tamén haberá espazo para mostrar
bodegóns potmodernos ou algúns dos cadros da serie “Vespas”.
En total haberá unhas 50 pezas.
Neste caso a exposición estará aberta ata o domingo, 23
de agosto, en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 19 a 22 horas pola tarde,
excepto o luns que permanecerá pechada.
Como sucede coa outra mostra a entrada e totalmente
gratuíta e está aberta a todo o público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario