28 de xul. de 2015

VAL MIÑOR

Xeira do IEM: “A aldea de San Cosme” 

Antiga fonte de San Cosme
Foto: IEM
IEM / Val Miñor

 Este mércores día 29 de xullo teremos unha visita guiada á aldea de San Cosme de Baíña coa guía de Anxo Rodríguez Lemos, membro da Sección de Historia, Arqueoloxía e Toponimia do IEM. O punto de encontro será ás 18:00 horas en Chan da Lagoa. A actividade non require inscrición previa. 

 Durante o percorrido falaremos das orixes do mosteiro de Oia. Coñeceremos as vidas dos habitantes da antiga aldea medieval e as historias da súa capela de San Cosme e San Damián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario