23 de xul. de 2015

A GUARDA

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA GUARDA AVISA Á CONSELLERÍA DA EXISTENCIA DE TRES ENXAMES DE AVESPAS EN DOMICILIOS PARTICULARES DA LOCALIDADE

Vespa velutina 

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda mandou aviso a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia da existencia de enxames de avespas asiáticas (Vespa velutina) en tres domicilios particulares da localidade.

 Tal e como afirmou o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez González, un dos enxames está instalado na fachada do edificio á altura das ventás, outro está aloxado nunha árbore dun patio dunha casa, e o máis perigoso, está no interior da vivenda, o que fai que sexa necesaria a rápida eliminación de todos eles.

 Grazas ós avisos dos veciños, o Concello de A Guarda puido coñecer estas novas e trasladalas á Consellería.

 Paulino Rodríguez comentou que no ano anterior descubríronse un total de nove enxames na localidade, sobre todo na parroquia de Salcidos, pero que este ano espérase que o número diminúa. Ademais os exames atopados este verán son de menor tamaño cós encontrados no 2014.

 O Concelleiro de Medio Ambiente da Guarda espera que no menor espazo de tempo posible a Consellería e a empresa responsable, leven a cabo os traballos para retirar ditos enxames destas tres vivendas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario