22 de maio de 2015

PONTEVEDRA

Louzán confía en revalidar a maioría absoluta na Deputación e ser a forza máis votada na provincia de Pontevedra


·       Louzán mantén que a formación aspira a  gobernar en 50 municipios, 2 máis que na última lexislatura

·  As enquisas manteñen que o PP alcanzará  a maioría absoluta nos 12 concellos que xa gobernaron nos últimos catro anos sen o apoio maioritario.
·  
    O PP confía en revalidar a ampla maioría absoluta coa que gobernaron a Deputación con 17 deputados frente aos 6 do PSdeG e 4 do BNG.

Infogauda / Pontevedra

 No último día de campaña electoral, o presidente do PP de Pontevedra Rafael Louzán fixo, en rolda de prensa, unha valoración das expectivas que teñen de cara os resultados que a formación acadará o vindeiro domingo.  Despois do traballo feito, tanto nos 48 concellos nos que gobernou o Partido Popular nos últimos catro anos, como na Deputación, Rafael Louzán mantén que o “Partido Popular aspira a ser goberno en 50 municipios da provincia de Pontevedra, agora temos 48, e ao mesmo tempo revalidar esta maioría que agora temos na Deputación.”

Nese sentido, o presidente do PP de Pontevedra destacou que esta é “a única formación que ofrece estabilidade e que a garantizou durante os últimos catro anos”. Destacando que o Partido Popular foi capaz  de gobernar en  12 municipios con maioría minoritaria e agora “as tendencias nos din  que en moitos deses concellos, na practica totalidade, vamos a ter maioría absoluta”.

Ampla maioría absoluta na Deputación
O traballo realizado durante os últimos catro anos nos 48 concellos gobernados polo PP tamén auguran bos resultados  para a formación na vindeira corporación provincial da Deputación de Pontevedra. Rafael Louzán mantén que o reto é manter ese amplo respaldo electoral que os populares teñen na actualidade. 17 deputados, 3 máis que os necesarios para gobernar en maioría,  frente aos 10 que suman no seu conxunto os grupos da oposición: 6 do PsdeG e 4 do BNG.

“Mellorar os resultados no ámbito da Deputación é prácticamente imposible porque neste caso hai máis forzas políticas que se presentan. Aínda que probablemente, salvo no partido xudicial de Vigo, tampouco teñan ninguna posibilidade de participar na futura corporación provincial”, afirmou o presidente provincial do PP.

Volcados coa provincia
Rafael Louzán tamén puxo de manifesto a importancia que a provincia de Pontevedra ten para todo o Partido Popular.  A formación pechará estes 15 días de campaña con máis de 30 actos programados para este venres por toda a provincia.  Actos que contarán coa presenza da Vicepresidenta do Goberno, Soraya Saénz de Santamaría en Vigo e Moaña, así como da Ministra de Fomento, Ana Pastor e do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. De quenes, o presidente provincial do PP destacou que “se volcaron no traballo feito pola formación en Galicia e en particular en Pontevedra, percorrendo toda a provincia”.

Sen cambios nos partidos xudiciais
Segundo os datos recollidos no censo de habitantes do Instituto Nacional de Estadística, a provincia de Pontevedra está dividida en 7 partidos xudiciais.

Concellos que conforman cada partido xudicial
Partido xudicial
Concellos
Lalín
Agolada, Dozón, Lalín, Silleda, Vila de Cruces
A Estrada
Cerdedo, Forcarei, A Estrada
Cambados
Vilagarcía, A Illa de Arousa, Vilanova,  Cambados, O Grove,  Ribadumia, Meaño, Sanxenxo,  Meis
Pontevedra
Valga, Catoira, Caldas, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures, Barro, Campo Lameiro, Pontevedra, Poio, Cotobade, Fornelos,  A Lama, Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa, Marín, Bueu, Moaña, Cangas
Vigo
Pazos, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar Baiona
Tui
Mos, O Porriño, Salceda, Salvaterra, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda
Ponteareas
Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario,
 A Cañiza, Crecente, Arbo, As Neves, Ponteareas.

 En  aras a ese reparto territorial e en función do seu censo, aporta un número de deputados á corporación provincial  ata completar os 27 deputados que conforman o Pleno da Deputación: 1 de Lalín, 1 da Estrada, 3 de Cambados, 7 de Pontevedra, 11 de Vigo, 3 de Tui e 1 de Ponteareas.
Deles, na última lexislatura, 17 correspondéronlle ao Partido Popular fronte aós 6 do Partido Socialista e aos 4 do Bloque Nacionalista Galego.

Reparto de deputados provincias por partido xudicial e formación política
Partido xudicial/ Partido Político
Lalín
A Estrada
Cambados
Pontevedra
Vigo
Tui
Ponteareas
PSOE
0
0
1
1
4
0
0
BNG
0
0
0
2
1
1
0
PP
1
1
2
4
6
2
1
Total
1
1
3
7
11
3
1

Ningún comentario:

Publicar un comentario