22 de maio de 2015

A GUARDA

Carmen Fraga arroupa á candidata da Guarda, Conchi Ortega 

Participará nun acto homenaxe a militantes destacados do Partido Popular e máis tarde participa nun mitin que se celebrará na praza de San Caetano 

    Conchi Ortega Martínez e Carmen Fraga Estévez



Infogauda / A Guarda


 A que foi Secretaria General de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca i eurodeputada ata 2014, e filla ademáis de Don Manuel Fraga Iribarne, a popular Carmen Fraga Estévez, chega á Guarda para arroupar á candidata do Partido Popular á alcaldía, Conchi Ortega, e darlle o seu apoio e impulso no final desta campaña electoral. 

 Carmen Fraga participará ás 19.30 horas deste venres nun acto que os populares da Guarda organizan na sede do partido e no que se lle fai unha homenaxe aos 40 afiliados do Partido Popular maiores de 80 anos. A candidata popular entregaralles un recordo e un diploma de militante de honra a cada un deles. 

 Ao final deste acto, os populares participarán no mitin de final de campaña que o PP da Guarda vai celebrar ao aire libre na praza de San Caetano. 

 A relación da familia Fraga coa vila guardesa remóntase aos anos 80, aos tempos de amizade do seu pai co alcalde popular Manuel Díaz González e máis tarde durante o mandato de Purificación Álvarez. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario