A
DEPUTACIÓN ADXUDICA OS PROGRAMAS "TI TAMÉN CONTAS" E "PENSA EN TÍ" NOS QUE PARTICIPARÁN MÁIS DE 13.000 PERSONAS EN 704 OBRADOIROS
Infogauda / Pontevedra
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o pasado xoves a xestión e execución dos programas sociais "Tí tamén contas" e "Pensa en tí" que teñen un orzamento total de 529. 000 euros e posibilitarán a realización de 704 obradoiros na práctica totalidade dos concellos da provincia.
"Tí tamén contas", que conta cun orzamento de
200.000 €, celebrará 260 obradoiros nos que participarán 5.000 personas. O ano
pasado foran 210 as asociacións que
contaron con igual número de obradoiros.Os beneficiarios do programa
son entidades de maiores, pensionistas e xubilados e entidades que traballen no
eido do maior.
Respecto ao
programa "Pensa en Ti", que acada os 329.000 € de orzamento, posibilitará
o desenvolvemento de 444 obradoiros nos participarán 8.500 personas. O
ano pasado foron 387 as asociacións que contaron con eles.
En "Pensa en tí" os beneficiarios son asociacións e entidades de mulleres,
asociacións de veciños e outras similares.
O coste para os usuarios
dos cursos e actividades incluidas en ambos programas é de 6 € por participante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario