2 de maio de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CHUS MARTÍNEZ, CANDIDATA Á ALCALDESA PEDÁNEA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS 

Chus Martínez afirma que "loitará sin descanso pola prosperidade de todos os veciños de Camposancos", pois o considera "un deber e un honor"


De esquerda a dereita: Diego González, Chus Martínez e Conchi Ortega

Infogauda / Camposancos

 No acto de presentación da candidatura do Partido Popular de A Guarda, celebrado o pasado martes 28 de abril, Conchi Ortega Martínez, candidata dos Populares, á Alcaldía do Concello de A Guarda, presentou a María Jesús Martínez Martínez como candidata a alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos. 

 Conchi Ortega destacou de María Jesús Martínez (Chus) "(...) a súa cercanía e afán colaborador cos veciños, así como a súa honradez e xenerosidade, pois exerce desinteresadamente a sua labor na oposición como vogal da Entidade Local Menor de Camposancos (...)".

 Mª Jesús manifestou sentirse moi emocionada con esas palabras e moi arroupada polos aplausos dos veciños e simpatizantes alí presentes. 

 Chus Martínez afirma que "loitará sin descanso pola prosperidade de todos os veciños de Camposancos", pois o considera "un deber e un honor".

Ningún comentario:

Publicar un comentario