A
DEPUTACIÓN APROBA UNHA SEGUNDA APORTACIÓN DE 93.000 € A 13 CONCELLOS PARA
AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA
Infogauda / Pontevedra
A
xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na xunta de goberno do
pasado xoves conceder, nunha segunda relación de 13 concellos, unha cantidade de
93.000 € para que poidan afrontar axudas básicas de emerxencia.
Na pasada xunta de
goberno, celebrada o 17 de abril, a institución provincial xa aprobou outros
259.000 € para unha primeira relación de 38 concellos de menos de 20.000
habitantes.
Tanto nun caso como no outro, as axudas son para
cubrir demandas de carácter urxente e puntual de persoas en
risco de exclusión social, con especial
atención ás familias con menores óseu
cargo.
As axudas van de 5.500 a 8.500 € e teñen en conta criterios como a poboación ou
a tasa de paro.No ano 2014, estas axudas permitiron atender a 1.800 familias de
concellos menores de 20.000 habitantes da provincia.
No reparto destes
fondos, teñen prioridade as axudas destinadas a Alimentación, Farmacia, Vivenda,
Infancia, etc.
Os
concellos beneficiados coas axudas son:
|
CONCELLO
|
CANTIDADE SOLICITADA
|
50% ANTICIPO
|
|
Arbo
|
6.000 €
|
3.000 €
|
|
As
Neves
|
6.000 €
|
3.000 €
|
|
Caldas de Reis
|
8.000 €
|
4.000 €
|
|
Crecente
|
5.500 €
|
2.750 €
|
|
Mondariz
|
6.000 €
|
3.000 €
|
|
Mos
|
8.500 €
|
4.250 €
|
|
O Rosal
|
7.500 €
|
3.750 €
|
|
Ribadumia
|
7.500 €
|
3.750 €
|
|
Sanxenxo
|
8.500 €
|
4.250 €
|
|
Silleda
|
6.000 €
|
3.000 €
|
|
Tui
|
8.500 €
|
4.250 €
|
|
Valga
|
7.500 €
|
3.750 €
|
|
Vilaboa
|
7.500 €
|
3.750 €
|
|
TOTAL
|
93.000 €
|
46.500 €
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario