30 de maio de 2015

ENSINO

O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015, gañan de novo en Toulouse 

A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Guarda), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais 2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), conseguiron a victoria nunha nova modalidade

IGACIENCIA / Galicia

 Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.  


 A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Guarda),  IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais  2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matemático sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier de Toulouse. 

 Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario