A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA FINANCIARÁ CON FONDOS DO PPOS 2015 A
URBANIZACIÓN DA RÚA CALVARIO NA GUARDA
·
A
xunta de goberno acordou destinar 216.400 euros a este proxecto de mellora
Infogauda / A Guarda
A
Deputación de Pontevedra aprobou onte venres, 29 de maio, incluir nas partidas do Plan
Provincial de Obras e Servizos 2015 as obras de mellora que se van realizar na
rúa Calvario de A Guarda. Investiranse 216.465,00 euros nos traballos de
urbanización e mellora dos servizos existentes nesta rúa da zona antiga do
municipio.
En concreto, a actuación aprobada na xunta de
goberno preséntase como a continuación dos traballos xa realizados nunha parte
da rúa, o tramo que conecta este vial co concello, que xa está urbanizado
empedrado.
As obras
aprobadas este venres polo organismo provincial atenden á urbanización do
treito que vai dende o cruce coa rúa Manuel Rodríguez Sinde ata o punto de encontro entre a
9ª travesía Solanas e Rúa Largo.
A Rúa
Calvario une o centro histórico de A Guarda coa capela da Nosa Señora da Guía. Na
actualidade dispón de rede abastecemento, saneamento unitario e alumeado
público. A rede eléctrica e os servizos de telefonía son aéreos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario