CARTEL DE ESCOLA DE XADREZ
Proxecto Socheo / A Guarda
Presentamos o cartel deste filme xurdido da colaboración entre Proxecto Socheo e o Clube de Xadrez Albatros da Guarda. A imaxe gráfica foi feita polo artista guardés Alfonso Vicente.
Dentro da liña de buscar sinerxias con outros axentes culturais da vila da Guarda Proxecto Socheo atopou boa sintonía co club de xadrez para poñer en valor grabacións que tiñan nos seus arquivos.
Unha actuación que xa se deu con IES A Sangriña, Colexio As Solanas e o Club de Remo Robaleira.
Desde Proxecto Socheo estamos abertos a establecer este tipo de colaboracións con outras institucións e asociacións da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario