FELICIANO GONZÁLEZ OTERO, HOMENAXEADO NA CONMEMORACIÓN DO 1º DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES
O acto, organizado polo Movimento 1º de Maio tivo lugar no Centro Cultural e Social
Feliciano González Otero
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Cumplíronse ás previsions metereolóxicas neste 1º de Maio de 2015, e a choiva, sen ser excesiva, poida que contribuira a que algúns se "engurrasen" e optasen por quedar no quentiño, e non asistir o acto organizado polo Movimento 1º de Maio - entidade sen ánemo de lucro con sede en A Guarda - que este ano decidiu moi acertadamente adicarlle o Día 1º de Maio de 2015, a un home de extraordinaria traxectoria altruista o servizo os demáis: Feliciano González Otero.
Os que facendo uso da súa liberdade persoal decidiron non asistir perdéronse un acto sinxelo, e por intres, mesmo emotivo, pois non en balde, a vida de Feliciano González Otero non foi doada, senón unha loita contra á adversidade.
O fío das 12:00 h., a homenaxe comezou con unha salutación de Eloi Gómez Mariño e unhas breves pinceladas sobor da persoa homenaxeada, que acertadamente calificou como "(...) un dos históricos do movemento sindical local e comarcal (...)".
Gómez Mariño dixo tamén que "(...) desde o ano pasado decidimos facer estes homenaxe ás persoas que aínda están entre nos, porque pensamos que se lle hai que facer un recoñecemento a alguén polo que fixo ou supuxo para esta comarca e esta sociedade, se lle debe facer en vida, para que disfroite da homenaxe xunto cos seus.
Este ano pensamos que o merecedor deste acto, non podía ser outro que Feliciano González Otero, polo que este defensor da crase obreira e gran home, supuxo para o pobo de A Guarda e súa comarca (...)".
Asemade, Eloi Gómez Mariño tamén fixo unha breve glosa da andaina de Feliciano González Otero, como sindicalista, actividade que comezou - dentro da Organización Sindical Española, ou Sindicato Vertical, como se coñecía popularmente - na fábrica das Cachadas.
"(...) En aqueles tempos non era doado exercer esta tarefa (...), dixo Gómez Mariño, engadindo de seguido "(...) que conleva consigo un risco no posto de traballo (...)".
Eloi Gómez Mariño relembrou tamén: "(...) Tampouco había moitas persoas que deran ese paso. Este home sí o fixo (...).
Tamén engadiu que "(...) logo, a finais do anos 70 do pasado século, as centrais sindicais comezaban súa actividade fora da clandestinidade, e arredor de 1977-78, Feliciano González Otero foi o primeiro secretario comarcal de Comisions Obreiras do Baixo Miño, ainda que o sindicato xa funcionaba con anterioridade (...)".
"El - dixo Gómez Mariño, referíndose a Feliciano González Otero - sempre estaba disposto a botar unha man os máis desfavorecidos.
Por se fora pouco, estivo 32 anos como presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Salcidos.
Desde novembro de 2014, decide súa retirada, máis que merecida, e que eu lle chamo "O descanso do guerreiro". Polo tanto pensamos que ten máis que merecida esta homenaxe. Grazas Feliciano. Sempre con nos."
Rematada á intervención de Eloi Gómez Mariño, sería Ricardo Rodríguez Vicente quen faría unha semblanza biográfica sobor de Feliciano González Otero, partindo do coñecemento e do trato diario, o longo de bastantes anos, que o cronista tivo coa persoa homenaxeada, así como do correspondente traballo de campo, previo a esta data.
Na súa intervención, o cronista foi debullando datos persoais e datas significativas na vida e na intensa actividade a prol dos demais, desenvolvida por Feliciano González Otero. Unha persoa que se ten caracterizado polo altruismo e vocación de servizo os máis humildes, sen buscar ningún tipo de protagonismo nin compensación crematística.
O termo da ampla intervención de Ricardo Rodríguez Vicente, sería a pintora e poeta María Asunción Vázquez Vicente (Chuny Vázquez), quen ademáis dunha salutación dirixida a persoa homenaxeada, daría lectura a un poema da súa autoría, adicado a Feliciano González Otero e outros dous compañeiros de Comisions Obreiras de A Guarda.
E a continuación Chuny Vázquez entregaríalle a Feliciano González Otero un ramo de rosas vermellas e Eloi Gómez, unha cerámica de Sargadelos sobre unha peaña coa seguinte adicatoria:
Por a súa dilatada vida a prol dos máis desfavorecidos
1º de Maio, 2015
Feliciano González Otero - a dereita da imaxe - con Chuny Vázquez Vicente e Eloi Gómez Mariño
Como non podía ser doutro xeito, Feliciano González Otero expresou seu agradecimento os organizadores, e fíxoo coas seguintes verbas:
Amigos todos:
Decirvos que a miña traxectoria, foi e será, colabourar para que á calidade de vida nos chegue a todos seres humans.
O meu meirande agradecemento aos presentes, máis os organizadores deste acto celebrado.
Gracias e ata sempre.
Feliciano González Otero e Eloi Gómez Mariño
O acto remataría cos acordes do Himno Galego cuxa letra, varias persoas corearon.
Feliciano González Otero - no centro da liña de fondo - na compaña dunha ampla representación da súa familia que asistiu á súa homenaxe
Julia Sobrino González e Feliciano González Otero, o termo da homenaxe.
De seguido, na sala de exposicións contigua o salón de actos, foi servido un viño do Rosal que contou coa participación da maioría das persoas que asistiron a homenaxe, recibindo Feliciano González Otero numerosas felicitacions.





Felicidades Feliciano, as ausencias non facían falla, eles o perderon.
ResponderEliminar