1 de maio de 2015

A GUARDA

A PINTORA MILA CASTRO EXPÓN PINTURAS NO ART CAFÉ

A mostra pódese visitar o longo de todo o mes de maio

Mila Castro
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A pintora Mila Castro Fernández volta a expór na vila de A Guarda, a faino no Art Café (Praza do Reló). Nese espazo, ubicado no baixo dunha das casas máis emblemáticas do casco antigo guardés, onde se combina a Arte co servizo de bar- cafetería e lecer; a artista ourensá, afincada desde fai bastante tempo no veciño concello do Rosal, presenta unhas 16 obras. A maioría son paisaxes e tamén frores, pintadas ao óleo e tamén algunha o acrílico. 

 A mostra poderá visitarse o longo de todo o mes de maio.

 Mila Castro ten un estilo inxenuista, e como tal, á cor acostuma ser a protagonista das súas creacions, inspiradas maioritariamente, na paisaxe rural de Galicia.

 Esta creadora ten tamén outros rexistros estilísticos, como á abstracción e o xeometrismo, cos que tamén se sente moi a gusto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario