1 de maio de 2015

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CONRAZONES CELEBRARÁ UN EVENTO DE PORTAS ABERTAS

Será o domingo día 10 de maio, en Sete Camiños, nas novas instalacions

 
Conrazones / A Guarda

 O domingo día 10 de maio chega o momento de presentar nun fermoso evento: As novas instalacións de Conrazones.

 Unha escola que levaba sin servicio varios anos e que o concello da Guarda non dudou un momento en pola a disposición de Conrazones para darlle un uso solidario e así poder seguir traballando solidariamente en beneficio da comunidade, que creemos sinceramente é unha labor prioritaria nestes momentos de incertidume. 

 Actualmente a asociación sen ánimo de lucro Conrazones, atende a casi 90 familias da comarca, repartidas entre os concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño.  

 Será un bonito evento solidario e festivo, donde artistas grafiteiros, músicos, diseñadores, poetas, fotógrafos,..., mostrarán durante todo o día o seu arte solidario. Por iso invitamos a todos, un día ideal para compartir en familia, cos nenos participando, pintando murales e así disfrutaremos todos xuntos.  

 Recibiremos agradecidos calquer paquete de alimentos que nos acheguen. 

 Tamén faremos un mercadillo solidario para transformar os excedentes de roupa, xoguetes e infinidade de cousas para conseguir mais alimentos.   

 Agradecemos de corazón que compartan este evento solidario polas redes sociales ou calquer outro medio, porque tamén e unha maneira de colabourar e axudar. 

 Dende a ladeira do Monte Santa Trega un abrazo e  moitísimas grazas a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario