22 de maio de 2015

CURRÁS (TOMIÑO)

A DEPUTACIÓN DESTINA 78.800€ PARA O ACONDICIONAMENTO DO TORREIRO DE SAN MARTIÑO DE CURRÁS EN TOMIÑO


Infogauda / Pontevedra

 A xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou invertir 78.877,50€ do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 para acondicionar este espazo lindeiro ao adro da Igrexa de San Martiño.

 Segundo se recolle no proxecto aprobado pola Deputación de Pontevedra este venres, o obxecto desta obra é urbanizar o torreiro das festas. Unha actuación que contempla a pavimentación da zona, o acondicionamento do palco da música e a instalación de mobiliario urbano que humanicen este contorno.

 "Como actuación complementaria a esta obra - segundo informaron desde á Deputación de Pontevedra -, tamén se vai cambiar a orientación da parada de autobús que hai na estrada PO-552.  Construirase unha nova parada cara ao noroeste para que interfira menos no impacto visual da Igrexa. Asimesmo, para mellorar o acceso a esta infraestructura tamén se  canalizará a cuneta que pasa polo lugar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario