24 de abr. de 2015

TUI

O CONCELLO DE TUI PARA VAI MELLORAR A SINALIZACIÓN DAS PARROQUIAS CON FONDOS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015

Infogauda / Tui

 A Deputación de Pontevedra acordou na xunta de goberno celebrada este venres destinar 105.547€ do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 á mellora das sinais de localización das parroquias e lugares de Tui. 

 O proxecto aprobado polo organismo provincial contempla a instalación e reforzo de novos paneis informativos nas zonas rurais do concello co fin de facer máis fácil a identificación de todos os núcleos de poboación existentes.

 A execución desta obra ante a singular e complexa orografía de Tui e o elevado número de parroquias e lugares preténdese instalar sinais verticais que clarifiquen a localización  das zonas e melloren a identificación dos lindes de cada lugar.

 O prazo de execución destes traballos é de tres meses.


Ningún comentario:

Publicar un comentario