A DEPUTACIÓN CONVOCA
20 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORALPARA GRADUADOS OU TÉCNICOS SUPERIORES EN OFICIÑAS DE
TURISMO DA PROVINCIA
Infogauda / Pontevedra
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe convocar 20
bolsas de práctica laboral en oficiñas de turismo da provincia.
Son 12 bolsas de 3 meses de duración (15 xuño-15 setembro) para os concellos de Arbo, Covelo, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Marín, Moaña,
Meis-Armenteira, Oia, Ponteareas (Castelo de Sobroso), Silleda e Soutomaior
(Castelo).
E 8 bolsas de 4 meses de duración (15 xuño-15 outubro) para os
concellos de Cambados, Cangas, O Grove,
A Guarda, Nigrán, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.
A convocatoria será por concorrencia competitiva e poderán optar a elas
Graduados ou Diplomados de Turismo, Técnicos superiores de Información,
Comercialización e Asistencia Turística menores de 31 anos que estean en paro.A
dotación económica será de 800 €/mes para Graduados e Diplomados, e de 700
€/mes para Técnicos Superiores.
Para inscribirse haberá que facer unha preinscripción a través da web
da Deputación e logo presentar o xustificante electrónico xerado no Rexistro
Xeral no prazo de 10 días, tralo anuncio no BOPPO. A selección seguirá igual proceso que o Plan Práctica Laboral.

Ningún comentario:
Publicar un comentario