O IEM abre inscricións
para participar da xeira “Tras os pasos do conde de Gondomar” por Zamora e
Valladolid
Palacio Gondomar ou Casa del Sol (Valladolid)
IEM / Gondomar
O
Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para participar dunha visita
guiada por Zamora e Valladolid: “Tras os pasos do conde de Gondomar”. A xeira
contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño Troncoso, e terá lugar os días
25, 26 e 27 de xuño. As reservas de prazas terán lugar até o vindeiro 4 de maio
quedando a disposición o teléfono 986360575 a partir das 18 horas e o enderezo
electrónico oficina@minhor.org
Alén
Miñor móstrase coma unha variante das exitosas "Xeiras", tentando
combinar cultura e viaxe con espazos de convivencia. O responsable e
coordinador desta nova actividade é Pablo Casal, membro do IEM. A primeira
proposta cremos que ten unha compoñente moi especial, xa que está relacionada
directamente coa historia de Gondomar e o Val Miñor. Renderemos homenaxe á
figura do persoeiro máis relevante da bisbarra, Diego Sarmiento de Acuña, I
Conde de Gondomar. Nesta xeira visitaremos algúns dos lugares onde viviu,
traballou e pasou parte da vida.
CARACTERÍSTICAS DA
VIAXE
DATAS:
26-27-28 de Xuño
HORARIO
APROXIMADO:
SAÍDA
DO AUTOCAR: 9,00 h. do venres 26 -dende a sede do IEM-, en Gondomar.
CHEGADA:
Media tarde do Domingo 28, a sede do IEM, en Gondomar.
ITINERARIO
Venres
26: Chegada a Zamora, a través das terras do pan, sobre as 13,00 h. Primeiro
contacto cunha "praza maior" como elemento urbanístico recorrente da
viaxe. Comida na cidade (por conta de cada quen) e visita guiada polo
importante e monumental casco histórico murado con especial énfase no románico.
Visita ao "Consejo Consultivo de Castilla y León", exemplo de
integración de arquitectura contemporánea de calidade nun casco histórico de
alto valor patrimonial. Pola noite, a través das terras do viño, desprazamento
á vila de Perdigón (13 Km) para cear -asado nunha antiga adega subterránea- .
Durmida
nun hotel céntrico da cidade de Zamora. Abaixo, o río Douro.
Sábado
27: Almorzo no hotel. Saída ás 9,15 h.
cara a cidade de Toro (39 Km), onde foi "Corregidor" Diego Sarmiento.
Visitarase o casco histórico murado sobre o Douro, a gran colexiata e entrarase
en contacto cos produtos que produce a agricultura da comarca. Comida (por
conta de cada quen).
De
seguido, sairemos cara á poboación de Tordesillas (36 Km), onde visitaremos o
seu casco histórico presidido por unha espléndida Praza Maior. E lembraremos a
Juana "la loca", mentres contemplamos como pasa o Douro.
Tras
visitala sairemos cara a Valladolid (30 Km).
O
chegar, paseo polo Campo Grande e a Praza Maior. Cea nun restaurante da cidade
e, posteriormente, descanso nun céntrico hotel.
Domingo
28: Almorzo no hotel e a partir das 9,15 h.visita ao núcleo histórico que
acolleu a corte dos Austrias na primeira metade do XVI e primeiros anos do
XVII. Nesa época, antes de que a corte se trasladara definitivamente a Madrid,
a cidade foi capital do imperio.
Formando
parte do antigo núcleo da Corte toparemos a Casa do Sol, palacio mercado polo
Conde de Gondomar no que viviu durante un tempo coa familia. A carón del, a
igrexa de "San Benito el Viejo" tamén propiedade de D. Diego. Na
cripta desta foi enterrado o Conde. Visitaremos ambas as dúas pezas.
Comida
(por conta de cada quen). Saída cara ao Val Miñor, con posible parada de
descanso e refresco nalgunha poboación de camiño.
PREZOS
SOCIOS:
150 EUROS
NON
SOCIOS: 162 EUROS
O
prezo inclúe a viaxe en autobús, dúas ceas, dous almorzos e hotel en Zamora e
Valladolid. Tamén inclúe todas as visitas polos diferentes monumentos e espazos
urbanos que percorreremos. As visitas serán guiadas por Antonio Soliño
Troncoso, arquitecto e membro do IEM.
RESERVA:
120 EUROS SOCIOS, 130 EUROS NON SOCIOS (antes do día 4 de Maio). A reserva debe
depositarse na conta do Instituto de Estudos Miñoranos
número 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (ex Novagalicia Banco). Logo reenviar
o comprobante ao enderezo electrónico oficina@minhor. org, ou persoalmente na
sede (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas. As
reservas farémolas por rigorosa orde de chegada.
As
habitacións son dobres -se algunha persoa desexa estar soa deberá abonar 18
euros por noite a maiores-.
Queda
a disposición para maior información o teléfono 986 360 127 de luns a venres de
18 a 22 horas.
Nota:
Nestas Xeiras Alén Miñor a organización resérvase o dereito de anular a saída
de non acadarse o mínimo de 40 viaxeiros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario