22 de abr. de 2015

A GUARDA

O candidato á alcaldía polo BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda  

Ángel Baz amosou o seu compromiso coa Praza de Abastos da Guarda  
Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda

Infogauda / A Guarda

 Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, reuniuse con praceiros e praceiras para coñecer de cerca da situación actual da Praza de Abastos da Guarda. Dende o BNG-AA valorouse positivamente os resultados da reunión, sobretodo a alta coincidencia na análise das problemáticas que afectan á Praza de Abastos da Guarda, como o tipo de clientela, horarios, infraestruturas, aparcamento, ... 

 A formación nacionalista amosou o apoio aos praceiros e praceiras, pulando por unha praza de abastos como punto referencia tanto para a localidade como para o resto da comarca. 

 Para o BNG-AA "(...) debe existir un maior compromiso con esta infraestrutura municipal por parte do concello, cunha planificación e con medidas destinadas a potenciala, sen caer en investimentos puntuais que non solucionan o abandono que a que está sometida".

 “Estamos seguros que cun proxecto serio e ben planificado, a nosa praza será un referente para o comercio local e un importante punto de atracción turística que non podemos perder”, comentou Angel Baz, candidato do BNG á alcaldía da Guarda. 

 O BNG-AA entende, en coincidencia cos praceiros e praceiras, que a Praza de Abastos é moito máis que o propio edificio, que todos os comercios que están arredor da praza tamén forma parte dela, constituíndo un modelo de comercio que da vida ao centro da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario