CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO PERIGO EXISTENTE NA RÚA MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega en A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
¿ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS?
Cas premuras das vísperas electorais, o Departamento de Vías e Obras non da feito. Todo aquilo que negaron durante os últimos OITO (8) ANOS aos veciños, queren facelo en catro días e así salen as cousas como saen, e para mostra un botón -chapuceiro- (ou un perigo máis).
Na rúa Manuel Rodríguez Sinde, o acceso a vivenda de Pablo, tiña bastante dificultade, ainda que él como gran experto, superaba calquer barreira, pero agora, ca silla nova, o Concello decidiu “eliminar a barreira existente” e non se rebaixou a beirarrúa, senón que se procedeu a crear unha nova barreira, pero nesta ocasión en doble vertiente:
a).- Como o asfalto non chega ben ata o tope, como se despiste Pablo, seguro que sufre as consecuencias.
b).- Os coches, e fundamentalmente os camións que circulan polo lugar, se teñen outro vehículo aparcado no outro lado, o topar de repente a “rampa” seguro que superan a “proba cardíaca” alí instalada e si levan un remolque, esperemos que non perda a estabilidade.
Ademais dos dous apartados anteriores, seguramente, falta que no horario escolar, escoitemos moitos saludos para os devanceiros de quenes “diseñaron” tán espléndida obra, e que de tódolos xeitos as normativas e as Leis de Barreiras Arquitectónicas as pasan “polo forro”.
¿Serán capaces de negala evidencia? Logo virán as críticas contra esta denuncia, especialmente daquel que se esconde no anonimato, pero sempre solta a mesma frase: ¡O pobo dí! Como si él fora a voz de todos e tamén fora infalible,... ¡Menos mal que aló no barrio cada día ten menos “adeptos" como se comprobou fai pouco tempo noutro proceso “electoral"!
A Guarda, a 21 de abril do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sr. Cabo de Policía Local
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario