7 de feb. de 2015

LABORAL

A DEPUTACIÓN APROBA A CONCESIÓN DE 6,1 MILLÓNS € PARA QUE OS CONCELLOS CONTRATEN A 1.467 DESEMPREGADOS PARA DESENVOLVER OBRAS MUNICIPAIS

Rafael Louzán Abal, presidente da deputación de Pontevedra

Infogauda / Pontevedra



 A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte venres, a concesión de 6,1 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra para que contraten a un total de 1.467 desempregados para que desenvolvan obras municipais.

 O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que este plan hoxe dotado e concedido aos concellos será complementado con outra cantidade a fin de chegar aos 2.200 traballadores contratados. "E eso, a maiores do plan que xa aprobamos para que 200 titulados superiores se ocupen nos concellos e que empezarán a traballar o vindeiro 1 de abril, un plan para o que se presentaron 1.060 xoves e que conta con 200 plazas que estamos seleccionando", afirmou.

 O programa aprobado chámase  “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015” e as súas bases foron aprobadas polo Pleno do pasado 30 de decembro.

 Nel, a Deputación aporta a cantidade e serán os concellos os que realizarán a selección de personal e quénes contraten aos seleccionado.

 Os contratados deberán ser desempregados inscritos na Oficiña de Emprego e non perceptores do paro. Terán preferencia os que leven en paro máis dun ano; non haber sido contratado polo concello en 2015; preferir a candidatos con niveis de renda baixa; e preferencia a candidatos con cargas familiares.

 A contratación de traballadores será para prestación de servizos mínimos municipais e regulouse en función dos habitantes do concello:

Nº Habitantes
Grupo 1
0-2000
Grupo 2
2.001-5.000
Grupo 3
5.001-10.000
Grupo 4
10.000-20.000
Grupo5
20.001-50.000
Nº Traballadores
14
20
24
30
34

Categoría
Custo salarial total subvencionable por traballador
Calquera
4.181,88 €

 As axudas aprobadas pola xunta de goberno da Deputación serán para financiar, durante 6 meses, a contratación a tempo parcial, en xornada de 25 horas semanais, a traballadores  co límite máximo de 4.181,88 € por traballador. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario