7 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN SOBOR DA SINALIZACIÓN DA ZOA AZUL NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL




Nas imaxes pódese comprobar que á altura das sinais de Zoa Azul na Rúa Concepción Arenal son un verdadeiro estorbo - Fotografías: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda 

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que dí o seguinte: 


SINAIS VERTICAIS DE TRÁFICO QUE ESTORBAN

 Despois de escoita-las bromas-denuncias de varios amigos cas súas correspondentes fotos e tomas de vídeo no móvil, asumimos o compromiso de verifica-la queixa “in situ”, debendo recoñecer que tiñan razón a facela.

 A queixa en cuestión está baseada no mal posicionamento dalgunhas sinais verticais, especialmente as que sinalan a Zona Azul na rúa Concepción Arenal, pois o posicionamento é tal que unha vez aparcado o vehículo, na maioría dos casos o mástil está o lado da porta do conductor, ou do pasaxeiro posterior. Resulta evidente que así dificúltase moito a saída ou o acceso o vehículo.


Outro exemplo máis dunhas sinais que están sendo cuestionadas polos usuarios da vía pública

 Visto o anterior, a instalación destas sinais son un auténtico estorbo para poder baixar do vehículo, sendo un obstáculo e en moitos casos un perigo evidente, xa que o primer despiste, se pode “chafar” a nariz no mástil de suxeción ou no cartel ou sinal instalado no mesmo. Isto que paréz un chiste, xa ten acontecido bastantes veces.

 A escasa altura destas sinais, poido ser consecuencia de usar como “patrón” de altura (a media dos veciños) o Sr. Concelleiro – xa non liberado por intereses particulares - de Tráfico, sin ter en conta que a xuventude ten unha cota de estatura bastante máis alta, -i so sen poñer as cuñas de calzado que pon este persoaxe - e nin por esas chega a máis do 1,60 e pouco, polo que moitos son os que o sair de coche, chocan ca sinalización.


 Outra cousa que non é comprensible, e que cando algún veciño afectado por un “cabezazo” e outros que ollaron a situación, acuden a un  membro da Policía Local para queixarse deste defecto da sinalización vertical, e se atopen como resposta  unhas risas, guasas e outras chanzas  similares. As queixas dos veciños merecen unha atención, que se verifique a problemática descrita, e proceder o traslado do problema os seus responsables superiores, para que atendan a queixa e procuren dar unha solución.

 Visto o actuar tan pouco profesional dalgún membro da Policía Local, hai que facerlles ver o seguinte argumento laboral: “Funcionario que non funciona, non sirve e o que non sirve é un inútil".

 ¿Porqué dos nosos impostos temos que pagar soldos moi xenerosos a algún inútil? ¿Serán necesarios “ben pagados” algúns inútiles na Policia Local?

 Finalmente, dende Converxencia Galega, vimos a propoñer que se debera pensar nunha nova ubicación para estas sinais verticais, que podera ser no inicio e/ou o final da zona acotada, e a unha altura superior a que hoxe teñen. O custe desta obra non vai suponer un gran esforzo económico para os gastos do Concello.

A Guarda, 06 de febreiro do 2.015

  
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario