21 de xan. de 2026

A GUARDA

As obras da nova biblioteca municipal e sala de estudos continúan para a súa posta a punto  

Esas novas instalacións poderanse desfrutar desde este verán na antiga Casa do Concello  


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e os concelleiros Óscar Álonso Álvarez e Isidro Lomba Lorenzo supervisando os traballos que estánse realizando na antiga Casa do Concello, onde se ubicará a nova biblioteca municipal pública e a sala de estudos

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Continúan os traballos na primeira planta da antiga Casa do Concello para transformala na nova biblioteca municipal pública e sala de estudos. A previsión é que "a partir deste verán a cidadanía de A Guarda poderá desfrutar dunha biblioteca e sala de estudos modernas e adaptadas ás necesidades actuais", indicaron desde o goberno local. 

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, afirma que "as obras son unha remodelación completa do espazo para converterse na biblioteca e sala de estudos que os guardeses e guardesas necesitan".  

 As instalacións da biblioteca incluirán unha zona de consulta, unha zona infantil, unha zona de lectura e postos de informática. 

 Ademais, abrirase a nova sala de estudos, que estará separada da biblioteca para dar maior independencia e maior flexibilidade horaria.  

 Esta sala de estudos contará con postos con conexión eléctrica para que os estudantes poidan usar os seus ordenadores e aparellos electrónicos. 

 Para a adquisición do equipamento e mobiliario da nova biblioteca e sala de estudos, o Concello conta con 61.000€.  

 A reforma tamén se leva ao exterior con novas ventás, balcóns e tellado, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética. 

 O investimento na reforma das cubertas ascendeu a preto de 100.000€.  

 As obras de reforma no interior da primeira planta contan cun orzamento de 157.376€, coa subvención do Plan +Provincia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario