28 de xan. de 2015

BUXÁN (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA Á APLICACIÓN DE MEDIDAS DE SEGURIDADE



O valado dunha obra na Avenida de Buxán, invade totalmente á beirarrúa e parte da zoa de rodadura dos vehículos

Infogauda / A Guarda


 O Responsable Municipal de Converxencia Galega en A Guarda, Xosé María Martínez Rodríguez ven de presentar no rexistro municipal de entradas do concello guardés á seguinte comunicación:


¿¿MEDIDAS DE SEGURIDADE NA CONSTRUCCIÓN?? 

 Dende fai bastante tempo que se nota a deixadez e abandono das funcións municipais do Equipo de Goberno Municipal, especialmente aquelas que máis protestaban cando estaban na oposición. Supoñemos que son de memoria fráxil, e por iso xa se esqueceron das súas obrigas.

 Fai poucos días, recibimos as fotografías que acompañan a este escrito, tomadas por unha veciña, que estivo a piques de esnafrarse nese lugar, xa que por sorte, non se levou por diante os andamios.


 Parece ser que o Departamento de Urbanismo anda moi ocupado con temas “xudiciais e administrativos” e non ten tempo de levar a súa obriga de inspección e información nas poucas obras que se están realizando no noso pobo, e por iso, a vez aparecen situacións como estas. 


 Din que en “condicións normais” as beirarrúas son para os peatóns, en Buxán parez que non, e iso que existe e nestes casos é obrigatorio a instalación de sistemas de andamiaxe que permitan o paso dos transeúntes polas mesmas, pero, aquí é preferible que fagan competición de espacios cos vehículos, e logo xa se verá quen é o responsable.

 Tamén a normativa “obriga” a que exista sinalización luminosa, para evitar problemas pola noite, neste caso, está en estudio o regalar un “chisqueiro” aos peatóns como advertencia aos vehículos. ¡¡(...)Bueno, xa temos entregado bastantes chalecos refrectantes (...)!! dixo algún iluminado municipal, cando lle trasladaron as queixas, pero ata o de agora nada de nada, ni ¡¡ (...) por mis c....!!

 Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Concelleiro de Urbanismo – Sr. Alcalde - Concelleiro de Vías e Obras e Policía Municipal, para que despois da correspondente inspección, dispoñan as medidas necesarias a fin de que se proceda a cumplir ca lexislación vixente, e se eviten estas situacións perigosas, na maioría das veces provocadas pola deixadez de funcións.                                                                                                                                                           
A Guarda, a 27 de Xaneiro de 2015               

  
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Municipal de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Urbanismo
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario