20 de dec. de 2014

TUI

TRISQUEL E MEDULIO ORGANIZA O CONCERTO DE NADAL 2014

ACTUARÁ O CORO MISTURA VOCAL

Domingo, 21 de decembro de 2014, ás 19,00 horas, na Iglesia San Domingos de Tui

TRISQUEL E MEDULIO
Asociación Cultural
Convida, a vostede e a súa familia,
o domingo, 21 de decembro de 2014 ás 19,00 horas ó
CONCERTO DE NADAL 2014
a cargo do Coro
M I S T U R A V O C A L
dirixida por
Aloia Martínez
na
IGREXA DE SAN DOMINGOS DE TUI

A programación cultural da Trisquel e Medulio, Asociación Cultural, ofrecémoslle este concerto de Nadal na fermosa igrexa dominicana que, construida no antigo arrabal do Rastrillo, no seu día, sustituiu, a antiga parroquia adicada a San Xoan do Porto, eque, adosada ó desamortizado convento da mesma orden, forma parte importante Patrimonio Artístico-Histórico da histórica e monumental cidade de Tui.

A igrexa de San Domingos de Tui, acolle retábulos de gran interés artístico, ou a singularidade do popularmente denominado “Altar de Lepanto”. O seu interior acolle imaxinaría con tallas de excelente factura, explendidos capiteis esculpidos con motivos varios, como a morte de San Pedro de Verona a mans dun maniqueo. No interior e exterior dos absides atopamos abundantes e variados signos lapìdarios qu tan ben estudou o noso querido amigo D. Feliciano Trigo Díaz. Signos, onde uns ven un xeito de contabilizar a obra e xustificar o cobro do xornal, mentras outros ollan estranos signos esotéricos de carácter iniciático próximos o mundo da alquimia e con movementos fraternais precursores de sociedades como a francmasonería.

No seu interior as lousas sepulcrais brasonadas indican onde repousan os restos de boa parte da antiga nobleza tudense como, según algúns historiadores, o fillo de Pedro Madruga, etc. ou aquelas numeradas, maioritariamente anónimas, onde descansaban eternamente os monxes da Orden falecidos neste convento.

Esto só, xustifica unha visita a este templo, e máis, se a súa especial acústica a percorren os sons das ben atemperadas voces do Coro MISTURA VOCAL, dirixido por Aloia Martínez, agasállannos con un selecto programa que nos achega as diferentes formas polifónicas de enfocar o Nadal en diferentes paisesSon obras, na súa maioría contemporáneas xunto con unha do século XVI e outra do XVIII.
Dase a circunstancia de que este os compoñentes deste coro, que antes presentábanse baixo o nome de G.V. Santa Eulalia e que hoxe conformando unha asociación cultural para a interpretación e difusión da música coral, comenza a súa nova andaina baixo este nome, sendo este o seu segundo concerto como tal.

Só nos queda desexar, como sempre, que disfruten deste concerto e, como noutras veces, ó rematar, ó comenzo da noite, dean unha volta. Camiñen devagar pola cidade antiga Polas empedradas rúas que serpentean a falda do castro, sobor do que se asenta a Cidade. Paga a pena unha paseata entre osilencio e algún illado murmurio, nunha noite do outono que preludia a invernía.

E a MISTURA VOCAL agradecerlle a súa presenza e unha longa e frutífera andaina musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario