DEPORTES
OSCAR VICENTE RODRÍGUEZ VENCEDOR ABSOLUTO DA 3ª REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA
Rocío Rodríguez Martínez foi á vencedora absoluta en féminas
Oscar Vicente Rodríguez, entrando victorioso na liña de meta
Fotografías: José Antonio González Morais
Fotografías: José Antonio González Morais
Na imaxe, en primeiro plano, a atleta de A Guarda, Rocío Rodríguez Martínez, intres despois de darse á saída a carreira solidaria, na que en féminas foi á vencedora absoluta.
Na imaxe, os intres inmediatos á saída a Andaina Solidaria
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo de haber feito os participantes, cadansúa achega de alimentos non perecedoiros, arredor das 10:10 h. do derradeiro domingo de 2014, tivo lugar á saída dos participantes na Andaina correspondente a 3ª Reunión Atlética Solidaria, organizada polo concello de A Guarda, coa colaboura da Sociedade Atlética do Trega e varias ONGs con actividade continuada en A Guarda.
O percorrido da andaina comprendeu desde á Rúa do Porto en dirección a Rúa Fernández Albor, continuando pola senda litoral ata Porto Santo, para a continuación dirixirse á Costa dos Soldados, Granxa Nova, Salgueiró, Armona, Bouza da Fonte, As Lagoas, e retorno novamente pola senda litoral ata á liña de meta situada na Rúa do Porto. Foron - segundo noso datos - uns 10,6 quilómetros de percorrido, maioritariamente sobre terreo chán, nunha mañá fresca ainda que a temperatura máis que de inverno semellaba ser outonal, e a pesares de haber chovido algo na madrugada do sábado para o domingo, mesmo loceu o sol e a andaina resultou moi grata, si ben poderían haber participado máis persoas.
Compre salientar que o itinerario, ademáis de estar perfectamente sinalizado, notouse gratamente o dispositivo humano formado por voluntarios das ONGs guardesas que estiveron nos lugares axeitados o longo do desenvolvemento da andaina, e mesmo no retorno houbo - en Bouza da Fonte - persoal ofrecendo auga os participantes. Polo tanto, nosa felicitación a tódalas persoas e entidades que fixeron posible o perfecto desenvolvemento desa actividade deportiva.
Polo que respecta a faceta competitiva desta 3ª Reunión Atlética Solidaria, ésta desenvolveuse como había previsto á organización, tendo en todo caso, como epicentro a Rúa do Porto onde estivo para todos, á liña de saída e meta.
Desde a Sociedade Atlética do Trega subliñan a "escasa participación nas categorías dos mais pequenos. A cidadanía de A Guarda non saíu a rúa a facer deporte como se esperaba.
Aceptable participación na Andaina, con 52 persoas e na carreira absoluta entraron en meta 92 atletas (82 homes e 11 mulleres)".
José Antonio González Morais afirma igualmente: "O Atletismo Trega agradece o traballo de os voluntarios xa que sen eles sería imposible realizar este evento.
O atletismo Trega non dispón de datos oficiais da cantidade de alimentos doados pola cidadanía (...)".
Desde a Sociedade Atlética do Trega subliñan a "escasa participación nas categorías dos mais pequenos. A cidadanía de A Guarda non saíu a rúa a facer deporte como se esperaba.
Aceptable participación na Andaina, con 52 persoas e na carreira absoluta entraron en meta 92 atletas (82 homes e 11 mulleres)".
José Antonio González Morais afirma igualmente: "O Atletismo Trega agradece o traballo de os voluntarios xa que sen eles sería imposible realizar este evento.
O atletismo Trega non dispón de datos oficiais da cantidade de alimentos doados pola cidadanía (...)".
Os vencedores absolutos foron o triatleta rosaleiro Oscar Vicente Rodríguez e a atleta guardesa Rocío Rodríguez Martínez, dous deportistas xóvenes, con un nivel óptimo de preparación física e con moita experiencia competitiva.
3ª REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA E ANDAINA
Listado de los tres primeros de cada categoría
Domingo, 28 de decembro de 2014
Categoría- Dorsal -Apelidos - Nome - Club
ALEVÍN FÉMINAS
1 966 ALONSO GONZÁLEZ, LAURA (C. A. PORRIÑO)
2 933 FERNÁNDEZ GALIÑAN, AINHOA (KNLYS)
3 943 BURGOS ARGIBAY, NOA (C. A. PORRIÑO)
ALEVÍN MASCULINO
1 963 MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ, ANTÓN (E. A. LUCENSE)
BENXAMÍN FÉMINAS
1 986 MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ, XELA (E. A. LUCENSE)
2 911 FERNÁNDEZ DA COSTA, ALBA (A GUARDA)
3 909 GUISANDE VIEITO, SABELA (C. A. PORRIÑO)
BENXAMÍN MASCULINO
1 903 SIERPES PEREIRA, CRISTIAN (S. A. TREGA)
2 990 FERNÁNDEZ GALIÑAN, URIEN (KNLYS)
3 973 MORAIS RODRÍGUEZ, SERGIO (S. A. TREGA)
CADETE FÉMINAS
1 949 VÁZQUEZ GARCÍA, D B ISLA (OURENSE)
CADETE MASCULINO
1 935 ÁLVAREZ VILLA, KEVIN (S. A. TREGA)
2 954 BURGOS ARGIBAY, DAVID (C. A. PORRIÑO)
3 983 FERREIRA TREINTA, BRIAN (PINARIUM)
INFANTIL FÉMINAS
1 900 GUISANDE VIEITO, CARLA (C. A. PORRIÑO)
2 904 FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, VANIA (S. A. TREGA)
3 991 VÁZQUEZ GARCÍA, D B XOANA (OURENSE)
INFANTIL MASCULINO
1 936 FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, ROSENDO (S. A. TREGA)
XUVENIL FÉMINAS
1 722 GRADÍN, NOELIA (EXCALIBUR)
XUVENIL MASCULINO
1 696 BAZ MAGALLANES, CARLOS (A GUARDA)
2 697 CASTRO ÁLVAREZ, DAVID (O ROSAL)
PRE.FÉMINAS
1 941 MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ, CARMEN (E. A. LUCENSE)
PRE. MASCULINO
1 997 SIERPES PEREIRA, ALEX (S. A. TREGA)
2 920 FERNÁNDEZ DA COSTA, ANTÓN (A GUARDA)
3 820 PORTELA RODRIGUEZ, NICOLAS (O ROSAL)
PULGAS FÉMINAS
1 996 LOMBA FERNÁNDEZ, SILVIA (A GUARDA)
2 987 MARTINEZ, DANIELA (Independente)
PULGAS MASCULINO
1 922 GUISANDE VIEITO XOEL (PORRIÑO)
SENIORS FÉMINAS
1 650 RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, ROCÍO (GIMNASTICA PON.)
2 673 LORENZO PÉREZ, NATALIA (MILLADOIRO)
3 741 GONZÁLEZ, LORENA (EXCALIBUR)
SENIORS MASCULINO
1 639 VICENTE RODRÍGUEZ, OSCAR (GARDENS HOTELS)
2 791 FERREIRA GONZÁLEZ, JOSÉ CARLOS (PINARIUM)
3 618 LAGO MONROY, ISMAEL (C. A. PORRIÑO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario