CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA QUE SE FAGA PÚBLICO O PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO MONTE SANTA TREGA
Algún político local - e por extensión o seu séquito de corifeos -, poida que sexa o candidato con máis motivos para gañarse o calificativo de tardón, que en algunha ocasión el mesmo non dubidou en adxudicarlle, sen reparo algún, a outro membro da Corporación Municipal de un grupo político na oposición.
Tardón, a fartar, por non da-los pasos necesarios para que o PXOUM de A Guarda fose aprobado, logo de expo-lo á información pública o tempo habitual - e se cadra, algo máis, como ven de facer un concello da provincia de Pontevedra - sen demora-lo inxustificadamente.
Tardón por dar a entender posibles "solucions" aos afectados polas licencias urbanísticas concedidas en solo de protección paisaxística, e pasado o tempo, xa temos visto o resultado: Demolición tras demolición.
Tardón por non impulsar iniciativas que son de interese xeral, como por exemplo o Plan Especial do Monte Santa Trega, que tantas expectativas había xerado no seu intre, e que pasados máis de dous anos, do dito - a bocachea - por parte de algúns, nada de nada. Este e un asunto sobor do cal o Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de pronunciarse a traverso de un escrito presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, no cal expoñen o seguinte:
¿QUÉ PASA CON PLAN ESPECIAL DO MONTE SANTA TREGA?
Vivenda castrexa no megapoboado galaico-romano do Monte Santra Trega
Foto: Infogauda
Infogauda / A GuardaAlgún político local - e por extensión o seu séquito de corifeos -, poida que sexa o candidato con máis motivos para gañarse o calificativo de tardón, que en algunha ocasión el mesmo non dubidou en adxudicarlle, sen reparo algún, a outro membro da Corporación Municipal de un grupo político na oposición.
Tardón, a fartar, por non da-los pasos necesarios para que o PXOUM de A Guarda fose aprobado, logo de expo-lo á información pública o tempo habitual - e se cadra, algo máis, como ven de facer un concello da provincia de Pontevedra - sen demora-lo inxustificadamente.
Tardón por dar a entender posibles "solucions" aos afectados polas licencias urbanísticas concedidas en solo de protección paisaxística, e pasado o tempo, xa temos visto o resultado: Demolición tras demolición.
Tardón por non impulsar iniciativas que son de interese xeral, como por exemplo o Plan Especial do Monte Santa Trega, que tantas expectativas había xerado no seu intre, e que pasados máis de dous anos, do dito - a bocachea - por parte de algúns, nada de nada. Este e un asunto sobor do cal o Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de pronunciarse a traverso de un escrito presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, no cal expoñen o seguinte:
¿QUÉ PASA CON PLAN ESPECIAL DO MONTE SANTA TREGA?
En fecha do 8 de agosto,
presentamos un escrito que textualmente decía:
No
pasado mes de maio do 2.012, “a bombo e platillo” nun acto pretencioso, o Sr.
Alcalde, levou a cabo a presentación do Plan Especial do Monte Santa Trega, no
que se reflexaba unha serie de medidas a levar a cabor no mesmo, unhas obras de
protección para o desenrrolo, tanto do poboado castrexo, museo, dotación de
servicios, accesos, así como da masa
forestal e doutras intervencións.
O
remate do acto, despois da charla e discursos das autoridades e invitados, e
tralos “correspondientes pinchos e libacións de productos dos viñedos miñotos”,
acabou a “fanfarria”, recollida do material e documentos embalados, e de novo gardado baixo chave, como unha nova
demostración do secretismo do PSOE. ¡¡Claridade e transparencia!!
Xa
pasaron VINTESEIS (26) MESES deste acto. Dende Converxencia Galega, temos solicitado varias veces acceder a esa documentación MUNICIPAL para estudiala,
ou obter unha copia do Plan, pero sempre atopamos co “muro do silencio” de
Freitas e Compañía, o igoal que tropezamos ca “complicidade pasiva” doutros
grupos políticos e comunidades, que, o igoal que fixeron cando se tratou o
asunto do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal (P.X.O.U.M.) mantiveron o
máis absoluto silencio para que nada transcendera os/as veciños/as. Que do
importante non se falara, pois así despistar os/as afectados/as. Nunha palabra,
practican o “ocultismo administrativo”, convertíndo en “cómplices” das
desfeitas que se tramitan dende o Concello, e logo saen nos medios de
comunicación con declaracións “rimbombantes” para manter ocupado o persoal.
O
longo destes VINTESEIS (26) MESES, aparte de solicitalo no Concello, andivemos
detrás da distinta información que había saído na prensa e nos boletíns da
Xunta de Galicia, por esa banda, atopamos datos referentes o Plan Especial do
Monte Santa Trega, que xeneran moitas dúbidas, xa que algúns aspectos son moi
relevantes, dos que algúns serán moi importantes para o Monte e para o noso
pobo. Entre eles:
a).-
No Plan Especial de Protección do Monte Santa Trega, fálase dunhas inversións
de 19 millóns de euros para
realizar obras. ¿Cáles? De momento descoñecemos que obras son e a que
partes afectan.
Si
é evidente que con esas obras se poderían xenerar postos de traballo e reducir
o alto índice de desemprego existente en A Guarda. Temos a impresión que tanto
o Grupo de Goberno do PSOE, como algúns grupos políticos en comunidades,
convertidos en “tontos útiles” nesta
“operación silenciosa e ocultista” non existe interese en acadar esas
inversións, xenerar emprego, etc., mellorar a calidade de vida dos/as
guardeses/as.
b).-
Hai que ter en conta que dentro do espacio do Monte de Santa Trega, existen
moitas parcelas de aproveitamento forestal que son privadas, e os propietarios
son descoñecedores do Plan Especial de
Protección do Monte e de como lles afecta sobre os seus matos, sin saber que
poden facer sobre os seus usos e aproveitamentos das parcelas. ¿Porqué non
se reúnen e se lles comenta o contido e afectación que teñen as súas
propiedades?
Non
é ético, nin legal, nin moral que os/as veciños/as que son parte interesada por
ser propietarios sexan totalmente descoñecedores do contido do Plan Especial de
Protección. ¿Ata cando teñen pensado ocultarlles que vai pasar cos séus
matos? ¿Será que van perdelo todo?
c).- Tendo en conta que algunhas das medidas do
Plan Especial van encamiñadas a restrinxir as “actividades humanas” no Monte,
se plantexan unha serie de dúbidas: ¿A que nivel vai afectar este Plan o
desenrrolo das Romerías do Monte e a de Santa Trega? ¿Se poderá seguir
celebrando como ata agora estas actividades?
Este
punto que dende Converxencia Galega consideramos que debe conlevar un alto
grado de consenso cidadán, pero para acadar ese nivel, é preciso que os/as
veciños/as primeiro coñezan o Plan Especial, especialmente aqueles que teñan
propiedades no Monte. A situación actual non pode ter continuidade namentras
non haxa información, xa que se daría a situación de desinformación por parte
dos guardeses/as.
Tal
e como manifestamos noutros apartados, despois de VINTESEIS (26) MESES
escondido e ocultado o Plan Especial co silencio complaciente dalgúns grupos
políticos e comunidades da a impresión que se pretende unha “maniobra
subterránea” a espaldas dos afectados e do pobo de A Guarda en xeral.
d).-
A día de hoxe, e dende fai varias décadas, o Monte de Santa Trega é o gran
factor e punto de atracción de turismo na nosa comarca, xenerando unha
importante actividade económica. O Plan Especial de Protección, ¿vai afectar a
actividade turística no Monte? ¿Vai restrinxi-lo número de visitantes con
acceso o Monte? ¿En que condicións se vai poder subir? ¿Que situación se vai
plantexar cos puestos de venda de recordos nas arcadas do Monte? Namentras non se teña resposta destes
asuntos, non será posible calcular a incidencia negativa sobre o comercio en
xeral da localidade e da comarca.
Estas
e moitas máis interrogantes quedan pendientes de aclaración por parte do Equipo
de Goberno do Sr. Freitas, que ca complicidade doutros grupos políticos e
dalgunha comunidade e asociación que ca súa complicidade “silenciosa” permiten
que se esté fraguando unha situación que somentes poderá crear problemas
perxudiciais para A Guarda.
Tendo en conta que os plazos
que a Lei da para que calquer veciño/a teña acceso a aqueles documentos que
sexan de interés e afecten o colectivo, xa están máis que cumplidos, sin que
dende o Concello, nunha manifestación de prepotencia e arrogancia, máis ven
típica doutras épocas, das que moito protestaban os que hoxe obstentan o poder,
e aos que cada vez se lles ve a pluma e os ramalazos autoritarios nos que foron
criados, levaremos adiante, as xestión precisas para que esa documentación sexa
pública para que os/as guardeses/as sepan en que áreas vai a afectarlles, xa
sexa para ben, pero moito nos tememos que sexa para mal.
A Guarda, a 4 de
decembro do 2.014
Xosé María Martínez
Rodríguez
Responsable Local
de Converxencia Galega
Rexistro de Entrada nº 7281
Data de Entrada: 04.12.2014
Sr. Alcalde-Presidente do Padroado Municipal Monte de
Santa Trega
Sra. Secretaria do Padroado Municipal do Monte de Santa
Trega
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario