23 de nov. de 2014

A GUARDA

UN GRUPO DE VECIÑOS PRESÉNTASE COMO ALTERNATIVA PARA ORGANIZAR ÁS FESTAS DO MONTE 2015

 No mes de setembro realizouse unha instancia ao alcalde solicitando que fixera de mediador entre a actual comisión de Festas do Monte e un grupo de veciños do pobo que vendo o panorama no cal teñen transcorrido estas grandes festas nos últimos anos. Para iso reunímonos durante unhas cantas tardes e fixemos una proposta de programa para as vindeiras festas, que conxuntamente tamén se lle adxuntou unha estimación dos gastos para a realización das mesmas.

 Unha vez realizado este presuposto e comparado cos que a actual comisión ten dado na presentación do programa démonos conta de que o noso presuposto era mais baixo pero con máis variedade de actividades. 

 Despois de unha morea de escritos dirixidos ao señor alcalde decidimos que o principal impulsor de esta nova alternativa tivera unha reunión co señor alcalde. A reunión que se deu no despacho do alcalde en resumidas contas nos viu dicir que estaba de acordo con noso pero que non ía mediar entre a actual comisión e nos, e déunos a entender de que se quixésemos coller estas grandes festas teríamos que loitala nun xulgado xa que non podían facer nada.

 Despois de seguir reiterando estes escritos no que xa levamos sen contestación ata o día de hoxe decidimos que era hora de que o pobo soubera que hai unha alternativa para facerse cargo da comisión de festas. Por iso solicitamos a o pobo que nos apoie e que diga o seu sentir sobre este tema e que se está a favor que llo faia saber ao señor alcalde e a actual comisión de festas. 

 Tamén aceptamos novos membros colaboradores ou ideas. 

 Para pórse en contacto coa plataforma poden facelo a través do correo electrónico alternativaasfestasdomonte@gmail.com. 

Pódese ver o programa no noso blog.

Un saúdo. 

PLATAFORMA PARA A ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DO MONTE 2015

______________________________________________________________________________


Nota da Redacción de Infogauda:

Sería óptimo que á cidadanía de A Guarda e súa contorna soubera que persoas forman parte da devandita Plataforma para a organización das Festas do Monte 2015. Coidamos que para que os veciños de A Guarda poidan pronunciarse, se o estiman oportuno, deben coñecer á identidade de quen, segundo a nota de prensa remesada a Redacción de Infogauda, é o "principal impulsor de esta nova alternativa". Estimamos que non chega con que o saiba o alcalde do concello, xa que tódolos guardeses teñen o dereito a saber de antemán, quen promove a devandita Plataforma para a organización das Festas do Monte 2015.

7 comentarios:

  1. 100 % de acordo coa nota da redacción. Engado que espero que o suposto presuposto mais axustado estea contrastado con orquestras, grupos e colectivos organizadores dos diversos eventos.

    ResponderEliminar
  2. estou de acordo con infogauda os veciños temos que saber cales son os membros da plataforma que queren coller a festa
    as festas son asociacions sin animo de lucro que estan rexistradas en facenda pa iso non cotizan IRPF. teria que dimitir a comision de festas pra que a nova plataforma poidera collela

    ResponderEliminar
  3. as festas non poden servir para que algún viva do conto e das comisións polas actuacións, e nas do Monte é unha enfermedade crónica dende fai anos.

    ResponderEliminar
  4. En resposta a Miguel os presupostos estan axustados aos grupos e hay unha partida dos presupostos destinados para as diferentes actividades. Por segundo en resposta a Manolo nas festas do monte o que hai non e unha comisión de festas se non que un grupo de comerciantes que non estan atentos ao que pasa no recinto das festas se non que estan atentos ao seu comercio xa que non hai mais que ver que duas das arbores da alameda que foron rotas polos camións das orquestas e un banco. Para a túa información para ser plataforma non hai que contituirse como nada e xa temos preparados todos os papeis para cando o señor alcalde poña terra de por medio por as dessastrosas festas que se veñen feito dende o ano 2012. E tamen comentarvos que moi probablemente se faia unha asamblea aberta o día 10 de decembro
    Un Saudo
    Platafoma para a Organización das Festas do Monte 2015

    ResponderEliminar
  5. Para facer un presuposto hai que preguntar os prezos das cousas.

    ResponderEliminar
  6. Ola Anonimo os prezos das cousas estan totalmente preguntados e contrastados por unha prestixiosa axencia de espectáculos e organización de eventos.
    Un Saudo
    Plataforma para a Organización das Festas do Monte 2015

    ResponderEliminar
  7. Ante os continuos comentarios que nos estan a chegar aos diferentes membros da plataforma de que varios membros da comisión actual de festas non a ababdonan por haber unha gran cantidade de debeda reunionos e se a actual comisión o deixa esta plataforma faeriase cargo da debeda da actual comisión de festas.
    Un Saudo
    Platafoma para a Organización das Festas do Monte 2015

    ResponderEliminar