A TUI VAIAS PARAR…(segunda parte)
Esta expresión que tanto usaban nos antergos cando discutían ou tiñan un cabreo con calquera, fíxose realidade para todos/as aqueles que compraron unha vivenda nesta rúa do noso pobo, agora, despois da nora que presentamos no Concello fai poucos días sobre a situación que están padecendo.
Agora, despois de haber recibido varias chamadas telefónicas, poidemos atopar unha serie de irregularidades e situacións de risco tan perigosas como as que denunciamos anteriormente, recordando que por aquel lugar pasan moitos/as críos/as que van o Colexio Público “Manuel Rodríguez Sinde” e que están correndo un perigo innecesario, pero que amosa unha vez máis o abandono e deixadez do Equipo de Goberno Municipal do PSOE e especialmente o Departamento de Urbanismo encabezado polo Alcalde, Sr. Freitas, xa que deixan que as cousas se pudran sin ter en conta a cantidade de persoas que poñen en perigo.
A estas alturas, sería bó recordarlle o Grupo Municipal Socialista, en que quedou a “gran campaña” desenrrolada recollendo sinaturas (cando eran oposición) para que se eliminara o adefesio do transformador existente fronte o colexio. ¿¿Non será posible que o fagan nestes momentos que están no goberno, ou xa se esqueceron e agora xa non teñen fillos nese centro educativo xa non importa o problema?? (Debe ser que non pensan facer nada, xa que nestes días temos visto a obreiros “consolidando a caseta do tranformador”, polo que creemos que aquilo foi “fumo de xaruto”.
Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Seguimos decindo que o proxecto do Goberno Municipal, é un proxecto esgotado e sen ideas que o único que está a espera de que remate a actual lexislatura e freando as pelexas internas, namentras A Guarda, está vendo como pechan negocios e a xuventude ten que emigrar.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, deste tema e da situación desta rúa, poderíamos estar falando durante moito tempo da gran cantidade de carencias e desfeitas que están reflexadas na rúa Tui.
A Guarda, a 16 de octubro de 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente de A Guarda
(R.)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario