O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA MEDIDAS URXENTES PARA EVITAR PERCANCES NA AVENIDA CIRCUNVALACIÓN
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte comunicación:
¡¡MEDIDAS URXENTES PARA EVITAR ALGÚN PERCANCE!!
Dende fai varios días, na Avenida Circunvalación, as persoas que pasan polo lugar, especialmente a altura da parcela que da fronte as vivendas sinaladas cos números 22 o 26, poden atoparse cún derrumbe de terra e pedras que cada pouco caen sobre a beirarrúa.
Tendo en conta que a cantidade de persoas que por alí transcorren, e sendo lugar de paso para os/as nenos/as que acuden o Colexio Público “Manuel R. Sinde” pode acontecer en calquer momento unha situación de perigo que pode afectar a integridade física deles ou dos/as veciños/as do lugar.
Nestas datas que xa temos tido días de invernía e tendo en conta que estamos entrando en épocas de chuvias, os riscos son maiores polo que o problema se está agravando.
Por todo o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar que dende o Concello, especialmente polo Departamento de Vías e Obras, se proceda a tomalas medidas que corresponda da maneira máis urxente, a fin de que por parte dos propietarios de dita parcela se tomen as medidas de seguridade para os/as viandantes que pasan polo lugar.
A Guarda, a 02 de Octubro do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:
Publicar un comentario