FESTAS DO PILAR
24, 25 e 26 de xullo
Infogauda / O Rosal
O Rosal celebra os días 24, 25 e 26, ás Festas na honra da Virxe do Pilar, que teñen como lugar de encontro á Praza do Calvario.
O programa comeza o xoves día 24, con unha verbena amenizada polas orquestras Amerikan Top e Xacobeo.
O venres día 25, ás 12:00 horas, misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Desde ás 21 horas, concerto de bandas na Praza do Calvario:
. Agrupación Musical de Goián
. Banda Municipal de Pájara (Las Palmas - Illas Canarias)
. Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal
O rematar o concerto, actuación do grupo Armonía.
O sábado día 26, desde ás 21:00 horas, XXI Encontro dos Pobos, organizado polo grupo Do Lusco ó Fusco de A Guarda.
Dende o día 18 ata o 27 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, hai mostras de:
. Pintura: María Sobrino Pereira
. Esculturas: Colectivo Somosarte.
. XXI Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal".


Ningún comentario:
Publicar un comentario