22 de xul. de 2014

VILADESUSO (OIA)

VIII FESTA DO PERCEBE E VIII GRAN CHURRASCADA 

  
 Infogauda / Viladesuso

  A parroquia de Viladesuso celebra por octavo ano consecutivo a Festa do Percebe, os días 14, 15 e 16 de agosto, coa seguinte programación:

- O día 14 de agosto, a partir das 22.00 horas, actuación do DJ Villa e chourizada.

- Venres 15 de agosto, a partir das 12.00 horas comezará a degustación de percebes. Ademais de chipiróns, polbo, empanada, callos, mexillóns, etc. 

A partir das 22.00 horas concerto do grupo "Los del Barro".  

- Sábado 16 de agosto,VIII Gran Churrascada. Haberá hinchables para os nenos.

  Organiza a Asociación Cultural e Deportiva de Viladesuso e colaboran o Concello de Oia, Consellería do Mar e Deputación Provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario