22 de xul. de 2014

GOIÁN

GOIÁN PREPARA UNA GALA PARA O VENRES 22 DE AGOSTO, NA QUE SE PODERÁN VER AS COSTUMES, AS TRADICIÓNS, OS DITOS, A FALA GOIANESA,… UN EVENTO ÚNICO, SEN PRECEDENTES NO BAIXO MIÑO

TODA A IDEA DA GALA NACE DA MAN DE ANDRÉS BENÍTEZ OLIVEIRA, UN VECIÑO DESTA LOCALIDADE QUE EN XUÑO DESTE MISMO ANO CREOU O GRUPO DE FACEBOOK “NON ES DE GOIÁN SE NON…”, E QUE DADA A ALTA ACEPTACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DE GOIÁN DESENCADEOU NESTA GALA, QUE MARCARÁ UN ANTES DE UN DESPOIS DESTA PEQUENA LOCALIDADE GALEGA O CARÓN DO RÍO MIÑO


Infogauda / Goián


   Todo nace o 16 de xuño deste mesmo ano, cando se crea en Facebook, un grupo chamado, “Non es de Goián se non…”, que consistía en acabar a frase poñendo anécdotas, tradicións, costumes de Goián,… En menos de catro días, o grupo xa tiña nada máis e nada menos que 400 persoas, e publicáranse máis de 1000 mensaxes. Foi cando os medios de comunicación comezan a facerse eco. A noticia da creación do grupo sae no Faro de Vigo o venres 20 de xuño, e unha entrevista no programa “Galicia por diante” (escoitar a partires do minuto 8) na Radio Galega ese mesmo día.

  Dada a alta participación e aceptación da xente, e cando o creador do grupo, Andrés Benítez Oliveira, decide traspasar a barreira de Internet e decide converter o grupo de Facebook, nunha gala que se chamará, “Non es de Goián se non…”. A gala celebrarase o vindeiro venres 22 de agosto no Espazo Fortaleza en Goián as 22:00 horas e nela poderase ver, representación teatral con guións escritos, coas publicación das frases do grupo, música en directo con artistas de Goián e arredores, estreo do videoclip “Happy ser de Joian” versión do mundialmente coñecido Happy de Pharrel Williams, vídeo homenaxe os goianeses e goianesas que xa non están entre nos, cun vídeo que se chamará “Non es de Goián se non coñecías a…” e moitísimo máis cousas que pasarán esa noite.

  A grabación do videoclip “Happy ser de Joian” será o luns 04 e o martes 05 de agosto, por diferentes lugares de Goian, empezando o luns 04 as 16:00 horas na praza Pintor Antonio Fernández. O fin de semana anterior, o sábado 02 de Agosto, celebrarase no Centro Goianés tamén as 16:00 horas, un casting, no que se elixirán as persoas que participaran nas representacións teatrais coas que contará a gala, distribuídas nunha obra de teatro de 10 minutos de duración e 5 sketch de humor, coas mellores e máis comentadas frases do grupo de Facebook.

  O espectáculo conta coa colaboración do Axuntamento de Tomiño e a Concellería de Cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario