9 de xul. de 2014

A GUARDA

A EFIXIE DE D. FRANCISCO SOBRINO RODRÍGUEZ, PRIMEIRO PRESIDENTE DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA, SERÁ O MOTIVO PRINCIPAL DA EXFIGALICIA 2014

O evento filatélico terá lugar do 4 o 12 do vindeiro mes de outubro



Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa / A Guarda

  Reproducimos o matasellos concedido por Correos para á XXVII Mostra Filatélica de Galicia e Portugal "EXFIGALICIA 2014" a celebrar en A Guarda do 4 o 12 de outubro con motivo do 50 Aniversario da fundación da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG).

 No matasellos figura como motivo principal, a efixie de D. Francisco Sobrino Rodríguez, membro cofundador e primeiro Presidente da SFeNG.


ENTEIRO POSTAL CON MOTIVO DE EXFIGALICIA 2014

 Con motivo das exposicions rexionais que se celebrarán este ano 2014 en España, Correos puxo á venda o Entero Postal - que reproducimos -, con unha emisión de 170.000 exemplares.


 A organización de Exfigalicia elexiu como motivo a imaxe máis representativa do pobo de A Guarda: seu megapoboado galaico romano que se atopa no cumio do Monte Santa Trega, o segundo lugar máis visitado de Galicia, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931, e que tamén ten á consideración de Ben de Interese Cultural. 

 A presentación do Enteiro Postal por parte de Correos será na inauguración de Exfigalicia, o día 4 de outubro, na Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda). Para elo Correos utilizará unha marca especial. 

 Pódense facer ás reservas comunicándoo o seguinte enderezo electrónico: sfilatelicaguardesa@gmail.com 

Tarxeta: 2 € 

Tarxeta con matasellos de presentación: 2,50 € 

 Ter en conta que este matasellos soio se poderá adquirir coa tarxeta. 


MEDALLA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES DE EXFIGALICIA 2014


 A medalla para tódolos participantes en EXFIGALICIA 2014. consistirá en un plato grande de Sargadelos, personalizado para cada expositor. 

 Pechado o pasado día 30 de xuño, o prazo de admisión de coleccions para participar en EXFIGALICIA 2014, e dar uns días de marxe ás inscripcions que poidan chegar por correo, nestes intres, máis de 60 coleccions participarán nesta edición de EXFIGALICIA 2014 en A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario