9 de xul. de 2014

GOIÁN

O ESCULTOR MAGIN XULIO PICALLO REMATOU SÚA OBRA "EL BESO"

A escultura, realizada en mármore, ten unha altura de 2,40 metros

                                                   "El Beso", de Magín X. Picallo

Ricardo Rodríguez Vicente / Goián


   O escultor Magín Xulio Picallo Durán ven de rematar no seu obradoiro de Goián,  unha obra que leva por título "El Beso", realizada íntegramente en mármore, con unha altura de 2,40 metros, que será colocada en Valencia.


  Magín Xulio Picallo Durán (Troans - Cuntis, 1940), segundo de catro irmáns, naceu no seo dunha familia labradora. De vocación temperá, axiña escomenza a amosar interese polas artes plásticas. Curso seus estudos en Santiago de Compostela con 15 anos. 

  Logo de varias colabouras con outros escultores, instala seu própio obradoiro en Goián (Tomiño), moi preto do río Miño.

   Escultor recoñecido en Galicia, sería a partires de 1978 cando escomenza a traballar en terras levantinas, cando foi chamado para á restauración da igrexa plateresca de Biar (Alicante). Grande ademirador desa terra e das súas xentes, pasa alí longas tempadas, sen esquecer súa Galicia natal.
   
   Magín X. Picallo é un artista que posúe obra pública - e tamén en propiedades privadas -, en varios lugares de Galicia, entre eles, A Guarda, Baiona, Cuntis, Forcarei, Moaña, O Rosal, Tui,..., e tamén na Comunidade Valenciá, con obras en Alicante, Ibi, Elche,... 

   Picallo traballa tanto en pedra de Galicia, como en pedra caliza, mármore, madeira, bronce,... E un escultor que tanto esculpe obras de pequeno e mediano formato, como grupos escultóricos de considerable envergadura.

   Para os que o coñecemos e temos á enorme fortuna de tratar con Magín X. Picallo sabemos que como artista é grande, máis como persoa aínda o é moito máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario