28 de maio de 2014

TURISMO

Top Ten: Dez lugares únicos 
Santa Tegra



Para finalizar o percorrido polos “10 lugares únicos de Galicia”, chegamos ata o concello da Guarda no que se atopa o castro de Santa Tegra. Dende el, poderedes obter a “mellor panorámica castrexa entre dous países”. Como non pode ser doutra maneira, as vistas dende alí son inmellorables: Galicia, capitaneada polo porto da Guarda, o poderoso océano Atlántico e a veciña costa portuguesa conforman o horizonte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario