I MOSTRA DE OIA
Os días 13 e 14 de xuño de 2014
- O día 13 de xuño: Serán organizado pola Asociación Tralo Mosteiro Oia, a partires das 22:00h no eirado do Mosteiro.
- O día 14 de xuño a Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira" organizará visitas guiadas ás Sobreiras do Faro en Mougás. Trátase dun roteiro duns 5 km de longo, de dificultade media e de percorrido circular e carácter gratuíto que terá a súa saída ás 10:30h da mañá dende o Eirado de Viladesuso.
- Acamo Oia, coincidindo co 83º aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural do Conxunto Cisterciense do Mosteiro de Oia, organizará varias visitas guiadas para que os visitantes podan apreciar esta xoia do cister.
- Tamén na xornada do 14 de xuño o Concello de Oia, a través do Dpto. de Servizos Sociais disporá dun stand no eirado do Mosteiro para recibir doazóns de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas.
- No eirado haberá durante toda a xornada unha variada Mostra na que artesáns e empresas do municipio exporán os seus productos e servizos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario