10 de maio de 2014

TUI

PÉCHASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A XI EDICIÓN DA ANDAINATUDENSE SOLIDARIA – III CONCURSO FOTOGRÁFICO


O sábado 17 de maio celebrarase a XI edición da Andainatudense Solidaria, a tradicional camiñada organizada anualmente polo Club Deportivo Andatui.

O vindeiro luns 12 de maio, ás 14.00 h. da tarde, darase por finalizado prazo de inscrición para esta XI edición. Ata ese momento todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse na ligazón da organización.

O pasado 21 de abril deuse o pistoletazo de saída ó período de inscrición para esta ruta que aposta, ano tras ano, por ofrecer unha xornada dedicada a gozar do entorno natural e cultural de Tui e os seus concellos limítrofes. 

Ó prezo de 12€ por participante, as persoas inscritas terán dereito a participar en tódalas etapas da ruta, nos concursos organizados para a ocasión, nunha “chourizada” que clausurará a xornada, e estarán a colaborar cun donativo solidario coas iniciativas do Colexio San Xerome Emiliani.

O vindeiro Día das Letras Galegas, todos os inscritos poderán desfrutar de vinte e oito quilómetros de fermosa paisaxe total ou parcialmente. Os camiñantes inscritos poderán realizar o percorrido adecuando ós seus tempos, e mais ó seu ritmo, ó número de etapas nas que desexen participar.

Tódalas persoas interesadas en percorrer a ruta proposta na XI Andainatudense poden inscribirse a través de internet, onde contarán con tódalas indicacións necesarias. Mais información na páxina da andaina tudense. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario