ACTIVIDADES NO CGAC
CICLO DE CINE
CHRIS MARKER: A MEMORIA DO MUNDO
Do 4 ao 6 de xuño de 2014
Dirixido por José Antonio Cascudo
O CGAC organiza un ciclo de cine dedicado ao cineasta francés recentemente falecido, Chris Marker. O ciclo dividirase en tres sesións que ofrecerán algúns dos traballos máis significativos do autor co propósito de debuxar as coordenadas básicas da súa obra.
Na sesión inaugural o director do ciclo, José Antonio Cascudo, e Julio Vilariño (especialista na derradeira etapa de Chris Marker) farán unha introducción á figura do cineasta.
Contaremos, ademais, coa presenza do director de cine, Isaki Lacuesta, que analizará desde unha perpectiva máis artística os achádegos e as liñas de forza do autor francés e a súa relevancia no seo da arte contemporánea.
PROGRAMA
MÉRCORES, 4 DE XUÑO. Marker entre o real e o virtual
20:30 h Presentación a cargo de José Antonio Cascudo e Julio Vilariño
Proxección do filme Level Five, de Chris Marker (Francia, 1997, 110 min).
XOVES, 5 DE XUÑO. Marker e Lacuesta
20:30 h Relatorio de Isaki Lacuesta
21:00 h Proxección de Las variaciones Marker, de Isaki Lacuesta (España, 2007, 35 min).
21:40 h Proxección de La Jetée, de Chris Marker (Francia, 1962, 26 min).
VENRES, 6 DE XUÑO. Chris Marker: viaxeiro, poeta, cineasta
20:30 h Proxección de Sans Soleil de Chris Marker (Francia, 1983, 100 min).
A matrícula é de balde. As persoas interesadas nun certificado de asistencia deberán inscribirsepreviamente a través da páxina web do cgac www.cgac.org ou escribir un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es indicando: nome completo, teléfono, correo electrónico e área de estudo, traballo ou interese.

Ningún comentario:
Publicar un comentario