24 de maio de 2014

PONTEVEDRA

LOUZÁN, NAVA CASTRO E OS ALCALDES DO CAMIÑO PORTUGUÉS CONSENSUARÁN O VINDEIRO MARTES NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA UN PLAN INTEGRAL DE ACTUACIÓN NESTA RUTA XACOBEA



·       O Camiño Portugués, con 3.552 peregrinos no mes de abril, é o segundo en ocupación tralo Francés que tivonasmesmas datas 11.383 peregrinos.

·  En abril, nos albergues do Camiño Portugués pernoctaron 5.348 peregrinos a Compostela.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, e os alcaldes de concellos por onde pasa o Camiño  Portugués manterán o vindeiro martes unhaxuntanza de traballo na Deputación para consensuar un  Plan Integral de Actuación nesta ruta xacobea coa finalidade de potenciala e poñela en valor.

A xuntanza ven producida polo feito do auxe do Camiño Portugués que, nalgunhas datas do pasado mes de abril, superou incluso en canto a usuarios ao tradicional Camiño Francés, como foi o caso do 27 de abril onde se contabilizaron 454 peregrinos no Camiño Portugués e 452 no Francés.

A xuntanza concordará cuestión como unhaaxeitada e máis completa sinalización do Camiño así como outros aspectos relativos aos albergues e estado de conservación da ruta.

No mes de abril recolleron a Compostela 17.348 peregrinos, dos que 8.246 eran españois e os restantes 9.102 eran estranxeiros.

Os Camiños mais transitados foron o Francés e o Portugués. O Camiño Francés foi elixido por 11.383 peregrinos, o que supón o 65,62%. O Camiño Portugués foi escollido por 3.552 peregrinos o que supón que ten un peso do 20,47% sobre o total.

Os restos dos Camiños foron seguidos polos seguintes peregrinos:  Vía da Prata: 799 (4,61%); Camiño Norte: 593 (3,42%); Camiño Inglés: 509 (2,93%); Camiño Primitivo:466 (2,69%); Camiño Muxia-Fisterra cara Santiago: 29 (0,17%) e Outros Camiños: 17 (0,10%).

Referente á ocupación dos albergues públicos integrados na Rede de Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobea, esta foi de 29.653 pernoitacións no mes de abril do presente ano.

No Camiño Francés houbo 16.921 pernoctacións e no Portugués produxéronse 5.348 pernoctacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario