EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUCTOS ARTESANAIS NA CASA DAS INGLESAS
Será este sábado día 3 de maio, pola tarde
Susi Venbeck, inglesa afincada en San Miguel de Tabagón, é unha experta en tapices Patchwork - Foto: Infogauda
Infogauda / San Miguel de Tabagón
Este sábado día 3 de maio, desde ás 15:00 ata ás 21:00 horas, á Casa das Inglesas - Rúa Santiago Ruiz, nº 10, en San Miguel de Tabagón (O Rosal) - acollerá unha exposición e venda de productos artesanais, feitos por Susi Venbeck e pola súa compañeira Karen Steward, e na que tamén participarán outras persoas amigas.
Se queredes pasar unha tarde de sábado ben diferente, achegádevos ata á Casa das Inglesas e veredes verdadeiros productos artesans (licores, marmeladas, salsas,...), e tamén haberá postos atendidos por outras persoas británicas que viven en Portugal, e que traerán café e chocolate de comercio xusto, xabrón, plantas,..., e ademáis, cerámica, bisutería artesá (broches, diademas,...), exposición de tapices Patchwork - feitos por Susi Venbeck -, e moitas cousas máis.
Asemade, segundo nos dixo Yoli González Freitas, de San Miguel de Tabagón: "(...) uniuse ao evento un grupo de estudantes do IESP A Sangriña para recadar fondos para unha viaxe a Francia onde participarán nunha competición de matemáticas(...)".
Suxerimos que deixedes os coches na Alameda de San Miguel, ou preto da igrexa, e dar un paseo ata alí. Así apreciaredes moito mellor ó grato entorno dese lugar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario