A DEPUTACIÓN
DESTINA 3,2 MILLÓNS DE EUROS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA O MANTEMENTO DE BENS
E SERVIZOS MUNICIPAIS
Os concellos terán ata o 4 de xuño para solicitar as axudas
· Darase preferencia ás persoas sen
prestacións, con rendas máis baixas e cargas familias
· A iniciativa da Administración provincial
permitirá a contratación dunhas 800 persoas, que comezarán a traballar o 1 de
xullo
A
Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova iniciativa a prol do emprego e
para facilitarlle aos concellos o mantemento de bens e servizos municipais.
O
plan, dotado con 3,2 millóns de euros, permitiralle aos municipios contratar
entre 6 e 20 traballadores (en función da poboación) para dar cobertura a
necesidades básicas que non poderían atender sen este reforzo de persoal.
A
Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases que regularán a concesión destas
axudas, que se concederán por concorrencia competitiva, e que os concellos
deberán solicitar antes do 4 de xuño.
As
achegas, destinadas a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da
provincia, permitirán a contratación dunhas 800 persoas desempregadas e sen
prestacións, ou con prestacións sociais de subsistencia.
Os
contratos serán de 25 horas semanais e terán unha duración de seis meses. En
todos os casos, terán que estar formalizados o 1 de xullo deste ano.
Como
novidade nesta convocatoria, as bases establecen que, á hora de seleccionar o
persoa, os concellos deberán dar prioridade aos candidatos que leven máis de un
ano inscritos como demandantes de emprego, que non foran contratados no
Concello en 2014, que teñan niveis de renda máis baixa e que teñan cargas
familiares.
Desta
forma, e tal e como subliñou o presidente da Deputación, preténdese que o plan
non só permita dar resposta á necesidade dos concellos de manter servizos
básicos, senón tamén atender a aquelas persoas que maiores dificultades están
tendo para saír adiante nestes momentos.
A
Deputación cubrirá os custes salariais dos traballadores, que deberán terán
categoría de operarios. Malia todo, os concellos poderán optar por un perfil
máis especializado e de maior categoría profesional, sempre e cando sexan as
propias entidades locais as que abonen a diferenza salarial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario