23 de maio de 2014

PONTEVEDRA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


PREVISIÓNS INFORMATIVAS PARA A FIN DE SEMANA E O LUNS
SÁBADO, 24 DE MAIO DE 2014
AXENDA DO PRESIDENTE
10,25 horas........ O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asiste á marcha cicloturista Clasica Álvaro Pino 2014-Homenaxe a Miguel Indurain, na que tamén estará presente o exciclista homenaxeado. Na Rúa Concha Brey, xunto á Casa do Concello de PONTEAREAS.
AXENDA DOS DEPUTADOS
09,00 horas........ A deputada Ana Isabel Vázquez participa na inauguración da XLIII Reunión da Sección Galega da Academia de Dermatoloxía e Venereoloxía, que se celebra no Sexto Edificio do Museo (Rúa Padre Amoedo Carballo, esquina Sierra-PONTEVEDRA).
10,00 horas........ O deputado provincial e alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, asiste á clausura das Escolas Deportivas de Fútbol, na que participarán máis de 250 nenos e nenas e que terá lugar no Campo de Fútbol As Tornas-OIA.
13,15 horas........ A deputada Marta Iglesias asiste á entrega de trofeos  da Liga Galega de Loitas Olímpicas do Deporte en Idade Escolar, que terá lugar no Pavillón Polideportivo de O PORRIÑO.
17,00 horas........ Marta Iglesias asiste á final do concurso Pequeestrella, que se celebra na Praza Elíptica de VIGO.
LUNS, 25 DE MAIO DE 2014
AXENDA DOS DEPUTADOS
18,00 horas........ A deputada Ana Isabel Vázquez participa na entrega de medallas e clausura das Escolas Deportivas de Taekwondo  da Deputación, que terá lugar no Pavillón Municipal de PONTECALDELAS.
19,30 horas........ Ana Isabel Vázquez asiste ao acto de inauguración do novo espazo de exposición permanente 25 séculos de Oceanografía do Museo do Mar (Avda. Atlántica 160- VIGO).

19,45 horas........ A deputada Marta Iglesias asiste á mesa redonda coloquio O deporte: unha forma de ver a vida a través de varias especialidades que terá lugar na sede da Deputación en Vigo (Oporto 3-VIGO).

Ningún comentario:

Publicar un comentario