30 de maio de 2014

PEITIEIROS (GONDOMAR)

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Sábado 31 de maio, ás 20:45 h no Centro Cultural de Peitieiros



CCR Peitieiros

  Este sábado 31 de maio, ás 20:45 horas, o Centro Cultural de Peitieiros conmemora o Día das Letras Galegas. 

 Para realizar esta conmemoración procederase á entrega dos premios do certame literario. Neste certame puido participar calquera persoa residente en Gondomar cunha obra orixinal en lingua galega. 

 Establecéronse tres categorías:

A) até os 12 anos 
B) de 12 a 18 anos 
C) de 18 anos en diante 

 Cada unha delas dotada cun premio consistente nun vale por valor de 50 €, en colaboración coa Libraría Libraida de Gondomar.  

 O xurado que determinará os gañadores ou gañadoras dos premios estará integrado por tres veciños de Gondomar, a profesora Auri Fotán e os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta, que darán lectura ás plicas no acto e convidarán ás gañadoras e gañadores a ler a súa obra.

 Antes de proceder á resolución do certame, o escritor Miguel Anxo Mouriño, responsábel da sección de Lingua e Literatura do IEM e Coordinador do premio Victoriano Taibo, realizará unha aproximación a Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado neste Día das Letras. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario