XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO PRESENTA O LIBRO
A VOZ QUEBRADA
DA MEMORIA HISTÓRICA E O TERROR FASCISTA
O acto terá lugar este venres 30 de maio, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Trisquel e Medulio
Asociación Cultural Trisquel e Medulio / Tui
Este venres 30 de maio ás 20:30 horas presentarase o libro A voz quebrada. Da Memoria histórica e o terror fascista, na Asociación Cultural Trisquel e Medulio (Rúa Antero Rubín, 45).
A obra editada dentro da colección Letras da Groba, será presentada polo seu autor, Xosé María Álvarez Cáccamo e contará cunha intervención do historiador Carlos Méixome, (historiador e presidente do Instituto de Estudos Miñoranos) e Bieito Alonso (historiador e profesor). Ámbos son especialistas da Memoria Histórica.
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) poeta e crítico literario, ten publicado obra narrativa e teatral, así como literatura para crianzas e, asimesmo, creador de poemas obxectuais e visuais, que ven amosando con regularidade e gran éxito de crítica dende o ano 2007. A reivindicación da memoria histórica das vítimas do terror franquista imposto en 1936 exprésase con frecuencia a través da súa obra literaria, xornalística e oratoria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario